Despois da oración, ira "non violenta" contra Bieito XVI

A xornada festiva no mundo musulmán deste venres estará marcada polas protestas contra o Papa Bieito XVI. Varios lÃderes relixiosos fixeron un chamamento a expresar a súa ira como protesta polas palabras do PontÃfice, aÃnda que matizan que falan dunha ira "non violenta". Os sectores máis radicais do mundo islámico non aceptan asà as desculpas e aclaracións realizadas por Bieito XVI nin os chamamentos ao diálogo de varios sabios musulmáns.
"Si Deus quere, hoxe será un dÃa de protestas no Cairo e en todos os paÃses do mundo". Son palabras de Mohamad Habib, número dous do movemento dos Irmáns Musulmáns, primeira forza da oposición en paÃses como Exipto ou Xordania.
Deste xeito, logo da oración habitual do mediodÃa dos venres, espérase que milleiros de musulmáns secunden o "dÃa de ira", aÃnda que "razoábel e non violenta", segundo Yusef Al Qaradaui, xefe da Unión Mundial de Sabios Islámicos.




