A Igrexa Católica e a Anglicana estudan un plan para unirse baixo o liderado do Papa

Os anglicanos rexeitaron no século XVI o primado do PontÃfice. Os católicos serán maiorÃa en Gales e Inglaterra por mor da chega de inmigrantes.
O diario conservador británico The Times aseguraba onte na súa primeira páxina que a Igrexa Católica e a Anglicana estudan un plan para unirse baixo o liderado do Papa, que será publicado este ano. Segundo o xornal, as propostas foron acordadas por bispos que pertencen a ambas as igrexas.
AsÃ, unha comisión internacional das dúas igrexas preparou un documento de 42 páxinas no que se pide que exploren formas nas que se poidan unir. O documento, ó que tivo acceso The Times, está sendo considerado no Vaticano, onde os bispos católicos están preparando unha resposta formal.
Esta información coñécese despois de que os arcebispos que lideran as 38 provincias da comunidade anglicana se reunisen en Dar es Salam, en Tanzania, nun intento de evitar unha escisión sobre as ordenacións de bispos homosexuais, que dividiron a Igrexa. O Papa Benedito XVI, cando era aÃnda cardeal, envioulle unha mensaxe de apoio á parte ortodoxa da Igrexa Episcopal dos Estados Unidos, molesta pola ordenación do bispo homosexual, Gene Robinson.
A maiorÃa dos anglicanos que se opuxeron á ordenación de bispos homosexuais son contrarios tamén á ordenación de mulleres bispos.
O xornl The Times explica tamén que o Vaticano se mostra cada vez máis flexible no asunto sobre o celibato dos sacerdotes.
No mundo hai 78 millóns de anglicanos, mentres que o número de católicos é de 1.000 millóns. Os expertos indican que en Inglaterra e Gales pronto o número de católicos superará o de anglicanos debido ó elevado número de inmigrantes que provén de paÃses católicos.
O último infome anglicano-católico foi escrito pola Comisión Anglicana e Católica Romana para a Unidade e a Misión que preside o reverendo David Beetge, un bispo anglicano de Suráfrica e polo reverendo John Bathersby, o arcebispo católico de Brisbane, Australia. A comisión formouse no ano 2000 polo que fora arcebispo de Canterbury, Lord Carey de Clifton, e o cardeal Edward Cassidy, que por aquel entón era responsable do Consello do Vaticano para a Unidade Cristiá.
A principal diferenza entre uns e outros radica en que os anglicanos permitenlles ás mulleres acceder ó sacerdocio e os curas poden casar. Ademais, o anglicanismo rexeita o culto ás imaxes.
Suficiente terreo para realizar este chamamento
O documento ó que tivo acceso o diario británico leva o nome de Crecendo xuntos na unidade e a misión. O texto recoñece "a imperfecta comuñón" entre as dúas igrexas, pero di que existe suficiente terreo común para realizar "este chamamento para a acción". O informe destaca que "a Igrexa católica romana ensina que o ministerio do bispo de Roma (o Papa) é o primado universal de acordo cos desexos de Cristo para a igrexa e un elemento esencial de mantelo en unidade e verdade".
Os anglicanos rexeitaron no século XVI o primado do Papa. Agora, no informe Ãnstase a "anglicanos e católicos romanos a que exploren xuntos como o ministerio do Bispo de Roma pode ser ofrecido e recibido para asistir ás nosas comuñóns para crecer cara a unha comuñón plena e eclesial".




