Economistas

en 2012 toda a fachada Atlántica de Galicia estará conectada por vías de alta capacidade, a través de oito infraestruturas e un investimento de 1.270 millóns de euros

“Estamos en plena execución, en pleno desenvolvemento da comunicación en vía de alta capacidade de toda a fachada Atlántica da nosa costa, desde Estaca de Bares e Ortegal ata chegar ao Miño”. Así o aseverou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño esta mañá, sinalando que este eixe de comunicación, que contará cun investimento de 1.270 millóns de euros, deberá estar operativo no ano 2012. “O ano 2012 é pois a data que nos marcamos para cambiar a xeografía deste país, para que todo o litoral Atlántico poida quedar perfectamente articulado e comunicado”, insistiu Pérez Touriño explicando que isto será posible a través de oito grandes actuacións “que entrarán en servizo paulatinamente”.

Estas oito actuacións, segundo indicou o presidente galego, propiciarán que “a fachada Atlántica de Galicia ao seu completo, todas as rías da comunidade teñan comunicación en vía de alta capacidade cos grandes eixes de comunicación do país, de maneira prioritaria coa Autopista do Atlántico, e a través dela co resto de Galicia”.

O titular da Xunta subliñou que se trata dunha actuación que “modificará as condicións de competitividade económica de todo o territorio de Galicia”, dado que é precisamente nesta zona onde, indicou, “se concentran o fundamental dos nosos problemas de conxestión, de accesibilidade e das nosas limitacións á competitividade económica”. “E por iso priorizamos e está en marcha todo este paquete de actuacións que van desde a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte á Vía de Alta Capacidade Costa da Morte, continuando coa comunicación da Autovía e corredor de alta capacidade a Noia, a do Barbanza, a do Salnés, a de Vilagarcía, a de Marín e a de Tui-A Guarda”, sinalou. Así mesmo, Pérez Touriño indicou que estas oito infraestruturas “pechan” o arco Atlántico de Galicia nunha actuación “histórica” que fará que no horizonte do ano 2012 se teña resolto “en comunicación de futuro, confortable e de alta capacidade, todo o fundamental da nosa xeografía, ademais doutras actuacións noutros espazos do territorio da Galicia interior”.

“Esta actuación sería insuficiente se nos quedaramos só no campo das infraestruturas, aseverou Pérez Touriño”, ao respecto, lembrando que tamén é preciso actuar sobre o transporte público e que o Goberno que preside acaba de presentar a Lei de impulso do transporte público da comunidade, para garantir mellor a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade viaria nas estradas galegas.

Investimento de 1.270 millóns de euros
Estas oito infraestruturas irán entrando en servizo de forma escalonada ao longo dos vindeiros anos, de xeito que no ano 2012 a totalidade destes corredores estea operativa. Para acadalo, o Goberno galego está a acometer un investimento superior aos 1.270 millóns de euros que permitirá poñer en servizo 294 quilómetros de novas vías.

A vía de alta capacidade da Costa Norte, que unirá Ferrol con San Cibrao, terá este ano o 60% do seu trazado en obra, licitación ou expropiación. Esta infraestrutura de 90 quilómetros conta cun investimento de máis de 276 millóns de euros e estará operativa en 2011.

A vía de alta capacidade da Costa da Morte, que unirá a comarca fisterrá con Carballo e A Coruña, conta cun trazado de 62 quilómetros e un investimento de 342 millóns de euros.

Dentro da conexión Santiago-Noia, estanse actualmente acometendo os traballos necesarios para unir en autovía ou vía de alta capacidade a capital de Galicia con Muros e Noia a través dun investimento global de 280 millóns de euros e máis de 43 quilómetros de novas vías.

A autovía do Barbanza, actualmente en plena execución, permitirá vertebrar a comarca mediante unha actuación de mellora da mobilidade e da seguridade viaria que permitirá obter unha nova infarestrutura de máis de 40 quilómetros e máis de 127 millóns de euros de investimento.

A autovía do Salnés, tamén en execución de obras, supón un investimento superior aos 55 millóns de euros que financian a construción dunha infraestrutura de 17 quilómetros.

Así mesmo, as obras da VAC de Vilagarcía contan cun orzamento de 20 millóns de euros para financiar actuacións en 7,6 quilómetros dunha nova vía de alta capacidade.

Respecto da VAC de Marín, trátase dunha actuación sobre 8 quilómetros de viais de alta capacidade e un orzamento de máis de 54 millóns de euros.

Finalmente, a vía de alta capacidade Tui-A Guarda conta cun orzamento de 120 millóns de euros para acometer obras en 27 quilómetros de vías.

Corredor Brión-Noia
Durante a súa intervención durante o acto de colocación da primeira pedra do corredor Brión-Noia, no treito entre Brión e Martelo, Emilio Pérez Touriño subliñou a importancia que vai ter esta infraestrutura xa que, conxuntamente coa autovía Santiago-Brión, permitirá conectar a capital de Galicia e a súa área de influenza co litoral de Muros e de Noia. O máximo mandatario galego remarcou que se trata dunha infraestrutura “que vai vertebrar toda esta área de influenza, vital e decisiva, tanto polo volume de poboación que acolle, como pola dinámica e actividade que ten”.

Segundo manifestou o presidente galego na súa intervención a Xunta destinará un total de 280 millóns de euros para “abrir Santiago ao mar”, cifra que xorde de sumar o investimento da autovía Santiago-Brión (108,8 millóns de euros); o corredor Brión-Noia (85,9 millóns de euros); e a variante de Noia (aínda pendente de declaración de impacto ambiental).

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño avanzou que a previsión do Goberno galego é que o treito Martelo-Noia do corredor sexa licitado neste primeiro trimestre do ano e que tamén se poidan adxudicar as obras en 2008.

Pola súa banda, a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, fixo referencia á autovía Santiago-Brión, asegurando que se porá en servizo xa en febreiro.

Dobre valor das infraestruturas
Por último, o xefe do Executivo autonómico incidiu no dobre valor que teñen as infraestruturas do transporte: por un lado, como actuacións que garanten mobilidade e permiten resolver os problemas de accesibilidade, mellorar a seguridade vial, a confortabilidade dos usuarios e a competitividade; e por outro como factor de dinamización económica, xa que toda obra pública significa unha inxección de recursos “dun alto interese e dun alto valor”.

Neste sentido incidiu nas medidas xa anunciadas polo Goberno galego para dinamizar a economía da comunidade, como a reforma do imposto de sucesións e doazóns, ou o Plan de Dinamización de Obra Pública, que permitirá que neste ano 2008 se liciten obras por valor de 1.575 millóns de euros, dos cales 761 millóns de euros serán licitacións en infraestruturas de transporte.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg