Economistas

Galicia vai ben?


consumior0108.jpg

¿Galicia vai ben? Cómpre facerse esta pregunta nun contexto na que todos os índices e augurios falan de crise. Se onte o "mandamais" na materia, o ministro de Economía Pedro Solbes recoñecía que veñen as "vacas fracas", outros datos que chegaban desde a comunidade non eran nada prometedores: o índice de confianza do consumidor, elaborado polo Instituto Galego de Estatística, pechaba 2007 coa taxa máis baixa que se coñece.

Segundo estes datos, esta cota presentaba en decembro un descenso de 4,1 puntos respecto de novembro acadando un saldo de -29,7. ¿As causas?: as dúbidas dos cidadáns respecto das perspectivas da evolución financeira e a capacidade futura do aforro, nun claro síntoma das dúbidas que se cinguen sobre as economías familiares.

Entre as compoñentes do ICC, e con respecto ó mes de novembro, a que presenta un comportamento menos favorable é a evolución do emprego, que baixa un punto, pero os outros tres compoñentes do índice amosan descensos máis importantes con respecto ó mes anterior, sendo delas a máis baixa a relativa á capacidade futura de aforro, que descende 6,1 puntos.


Tamén cae a produción industrial

Como di o refrán, quen non quere caldo, dúas cuncas. Ó pesimismo dos consumidores galegos uníanse onte datos do INE que mostran que a industria da autonomía mostra síntomas de sufrir unha desaceleración. A produción do sector secundario de Galicia rexistrou unha caída do 3,5% en novembro con respecto a igual período do ano anterior, segundo se deduce do índice de produción industrial (IPI)

O recorte experimentado polo sector industrial galego sitúase deste xeito a 2,9 puntos da caída media estatal, que en novembro de 2007 foi un 0,6% máis baixa que no mesmo mes do ano anterior. Este dato parece confirmar a tendencia que apunta unha progresiva desaceleración do crecemento económico español. No caso galego, ese proceso parece máis evidente aínda que no resto do Estado, dada a maior caída na produción industrial das firmas da comunidade.

Este dato negativo non ensombrece a media marcada polas empresas galegas entre xaneiro e novembro, que produciron un 4,6% máis que no mesmo período de 2006. A produción das industrias da comunidade superou en 2 puntos a media do resto do Estado durante os once primeiros meses do ano.


"Medraremos na referencia do 3%", di o presidente

Ante tal panorama, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quixo calmar ánimos na roda de prensa posterior ó Consello da Xunta e afirmou que non se pode falar de "crise económica", nin desde a racionalidade dos datos nin desde a responsabilidade política, pero si recoñeceu que se prevé "un futuro de moderación" no crecemento, que se situará en Galicia para este ano "sempre na banda de referencia do 3 por cento".

Aínda que insistiu en que se trata dunha aproximación "coloquial" e non da previsión oficial de crecemento, esta cifra xenérica atópase por baixo da que figura nos orzamentos do 3,5%. Así que todo parece apuntar a que poderían recortarse as perspectivas. Touriño dixo que non hai que dar un "mensaxe alarmista", senón "reaccionar como estamos reaccionando". Entre as medidas que propón para resolver os problemas na vivenda e de falta de liquidez polo efecto no PIB, está a de "acelerar a licitación pública".

DESACELERACIÓN ESTATAL Solbes asume a época das vacas fracas

O vicepresidente segundo, Pedro Solbes, estimou onte que a economía española creceu "seguramente na contorna" do 3,5 por cento no cuarto trimestre de 2007. Na súa comparecencia na Comisión nesta materia no Congreso, sinalou que se está producindo unha "gradual desaceleración" do crecemento orixinada por unha conxuntura "menos favorable" e un "progresivo axuste" no sector inmobiliario.

Ademais, asegurou que o Executivo leva catro anos preparándose para as "vacas fracas" e preocupouse por ter un superávit orzamentario para contar con marxe de manobra.

Aínda que recoñeceu que a economía se está desacelerando e a inflación rexistra altos índices, engadiu que "é absolutamente falso" que o Goberno non aborde reformas para combater a inflación.

Solbes engadiu que a desaceleración non é ningunha sorpresa para o Goberno porque "é natural e saudable" porque supón un "maior grao de equilibrio" na composición do crecemento e un "crecente protagonismo da produtividade", o que fai asentar o crecemento en bases máis sólidas.

O crecemento estimado do cuarto, trimestre, indicou o ministro, levará a que o PIB aumente en consonancia co previsto polo Goberno, o 3,8% en 2007, e a gradual desaceleración conducirá a unha taxa do 3,1% para este ano.

A intervención do ministro de Economía tivo as súas críticas en clave galega e respecto disto, a deputada do BNG Olaia Fernández Dávila trasladoulle a súa preocupación polo "desmesurado" incremento dos prezos básicos nun contexto de contención salarial pactado entre os empresarios e os sindicatos.

A nacionalista fixo este apuntamento porque resulta "preocupante este aumento continuo dos prezos do mercado nunha situación límite dos salarios. A perda de poder adquisitivo de moitas familias e dos traballadores vai rebaixar moito a súa calidade de vida", indicou.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg