Economistas

Máis calor e choivas extremas en Galicia co cambio climático

A pesar de que o outono do 2007 foi o máis seco dos últimos 50 anos, o certo é que non responde a unha tendencia que os expertos en meteoroloxía de Galicia veñan detectando a través de diferentes informes. O último, un que elaboran actualmente catro técnicos de Meteogalicia, apunta a que as precipitacións serán cada vez máis frecuentes en Galicia durante os meses de outono, tal e como marca a tendencia dunha análise efectuada desde 1950 ata 2006.

Esta conclusión responde a un estudo máis amplo no que analizan a evolución das precipitacións e as temperaturas extremas na comunidade galega. No segundo caso os resultados son máis contundentes, asegura Raquel Cruz, quen sinala igualmente que si se detecta que nos meses de outono son cada vez máis frecuentes os días de choivas consideradas extremas, pese ó "anómalo" 2007.

Algúns estudos preliminares, explica, non marcaban unha tendencia clara no cómputo global anual da choiva en Galicia. O caso é que ó "fiar máis fino", isto é, ó establecer unha análise máis concreta mes a mes ou ata día a día; si se percibía un incremento significativo das choivas extremas no outono. Todo apunta, xa que logo, a unha nova distribución das choivas en Galicia, o que pode traducirse nun cambio da frecuencia de días de choiva e nos días de choiva extrema.


O mes de febreiro como novo símbolo das estiaxes

Este incremento da precipitación nos meses de outono achácano ó incremento da intensidade das choivas, algo que se compensa con outras estacións, pois na primavera percíbese un descenso na frecuencia dos días de choivas extremas e tamén nalgúns meses de inverno, como o de febreiro.

Isto significa, pois, que aínda que a precipitación anual total se manteña, si varía a súa presenza en función dos meses, algo que podería chegar a afectar a algúns cultivos propios da comunidade.

Chegar a estas conclusións require un arduo traballo, pois é necesario analizar ata datos día a día para determinar en cada zona da comunidade galega o que se considera unha temperatura ou unha precipitación extrema, pois isto varía en función do lugar.

Os resultados obtidos no referente a temperaturas extremas son máis contundentes, segundo Raquel Cruz, e ademais coinciden coas conclusións doutros estudos que analizaron a situación estatal ou internacional. Deste xeito, tamén en Galicia se detecta un incremento na "frecuencia de días extremos" no que ás temperaturas se refire.

Así, entre as conclusións atópase un aumento significativo da frecuencia de días calorosos, atribuído ó incremento da primavera. Así mesmo, tamén se detectan máis noites cálidas durante o verán. Paralelamente a estes resultados, obsérvase, segundo este informe, un descenso na frecuencia dos días fríos que é xeneralizado durante todo o ano.

Os catro expertos que traballan neste estudo (Raquel Cruz, Anxos Lago, Ana Lage e Santiago Salsón) prevén que nos meses próximos se poidan presentar uns resultados máis pormenorizados sobre a tendencia que o clima depara para Galicia de acordo coa análise realizada en varias décadas.

Dado que existen diferenzas entre uns e outros puntos de Galicia, a análise efectuouse por estación e prevese fixar tamén a tendencia dos diferentes puntos de Galicia.


PERSPECTIVAS Cambiarán os ciclos do cultivo, como o da herba e o do millo

As choivas, en determinadas épocas, son fundamentais para algúns cultivos. Así o constatan os representantes dos sindicatos agrarios, que consideran que de producirse un escenario como o que expón o informe de Meteogalicia, notarase a repercusión no ámbito agrario e, sobre todo, gandeiro, tal e como constatan tanto desde Unións Agrarias como desde Xóvenes Agricultores.

Xabier Iglesias, de Unións Agrarias, considera que unha "redistribución da choiva" durante o ano lle podería afectar, fundamentalmente, á gandería e en dous momentos. En maio, sinala, época de crecemento das praderías, son "fundamentais as precipitacións"; do mesmo xeito que entre finais de abril e mediados de xuño, momento no que se cultiva o millo. Por iso, entende, se se reducen as choivas, poderíanse producir modificacións nas épocas de cultivo. No entanto, sinala, isto non é algo novo, pois hai anos "era impensable sementar millo antes de finais de maio e agora se vai adiantando".

Unha tese similar mantén Tomás Díaz, de Xóvenes Agricultores, quen indica que "calquera variación" climática lle "afecta á agricultura", dado que os cultivos dependen do clima. En todo caso, e tamén aludindo ás praderías e ó cultivo do millo, entende que de producirse choivas extremas no outono, o resultado dependerá do mes en que se poida producir isto.

Isto é así, asegura, porque "en outono se recolle o millo" e se chove moito "antes, igual se estraga" a colleita. Alude, tamén, á recollida de uvas, que tamén se efectúa no outono, pois unhas choivas moi intensas tamén poderían acabar cos viñedos.

En todo caso, sinalan ambos, non cren que o clima "cambie dun día para outro", polo que, asegura o segundo, "se o clima cambia, cambia a época de traballar", aínda que a isto se adapte "o agro" de forma gradual.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg