Economistas

Vocacións polo chan

Os relixiosos católicos diminuíron un 10 por cento en 2006 con respecto ó ano anterior, co que o número de persoas consagradas descendeu ata os 945.210, segundo as estatísticas publicadas na última edición do diario do Vaticano, L’Osservatore Romano. O diario do Vaticano adiantou os datos da Oficina central de estatística da Igrexa católica, que serán publicados proximamente no anuario pontificio 2006.

En detalle, producíronse un descenso de 94.000 relixiosos, deixando no mundo católico con 136.171 sacerdotes, 532 diáconos permanentes, 55.107 relixiosos non sacerdotes e 753.400 relixiosas.

Segundo este diario, se se teñen en conta só os sacerdotes, excluíndo os de dereito diocesano, no continente africano hai 11.348, así como 60.708 relixiosas.

En Asia cóntanse 21.154 sacerdotes e 155.854 relixiosas. En Europa, 52.290 sacerdotes e 315.981 relixiosas. No continente americano 42.318 sacerdotes e 211.159 relixiosas e,en Oceanía, 2.061 sacerdotes e 9.698 relixiosas.

A falta de relixiosos é un tema que preocupou ó papa Benedito XVI desde o inicio do seu pontificado, xa que en moitas ocasións rezou para o aumento das vocacións.

Nunha audiencia o pasado maio ós participantes Congreso Mundial dos Misioneiros Fidei donum, o Papa sinalou a dificultade que sofren as misións debido á falta de vocacións da Igrexa católica e ó envellecemento do clero.

Precisamente o envellecemento é un dos problemas que acusan os relixiosos en Galicia. Segundo cifras da Oficina de Estatística do Arcebispado de Santiago, sete de cada dez curas en activo na nosa comunidade superan os 65 anos, o que provoca certa inquedanza no mundo eclésiástico polo “grave risco de inmobilismo” e a “dificultade de entenderse cun mundo xuvenil tan cambiante como o actual”, advirten desde o Arcebispado.

As actuais ordenacións non son suficientes e, de feito, nas últimas catro décadas se reduciu case á metade o número de sacerdotes.

Así, segundo a arquidiocese compostelá a diminución de curas desde os anos 1970, cando se alcanzou a maior cota dos tempos modernos, foi dun 35,63 por cento, mentres que nos últimos doce anos este descenso foi dun 14,6 por cento. En cifras, no ano 1970 había na Diócese 1.034 sacerdotes, fronte ós 615 actuais –deles, máis de 430 superan os 65 anos–.

Atenden o dobre de fregueses que na década dos 65
A esta situación súmaselle o feito de que, ante a falta de representantes do clero, aumentou a carga de traballo destes: no ano 65 había un sacerdote por cada 1.100 habitantes; a cifra, hoxe, duplicouse ata atender 2.160 fregueses.

Polo que respecta á parte dos fieis, segundo os datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas de 2007, o 77% dos españois maniféstase católico, un 12,4% ‘non crente’ e un 6,5% ateo. Con todo, e malia esa cifra alta de seguimento da relixión, máis da metade (53,3%) non vai a misa ‘case nunca’; fronte ó 15,9% que vai varias veces ó ano ou un 16,2% que vai ‘case todos os domingos e festivos’. Así mesmo, un 2,3% asegura acudir á Igrexa varias veces por semana. Sexa porque corren outros tempos ou porque a Igrexa en España, de polémica en polémica, non se atopa quizais no mellor momento, en Galicia rexistrouse nos últimos anos unha redución no número de matrimonios católicos fronte ó aumento, dun 45% desde 2001, dos de tipo civil. l


ORDENACIÓN

O ‘bebé’ da Conferencia Episcopal


O presidente da Conferencia Episcopal e bispo de Bilbao, Ricardo Blázquez, anunciou onte que Mario Iceta que, na actualidade, é Vigairo Xeral da diocese de Córdoba, substituirá a Carmelo Echenagusía como bispo auxiliar na diocese de Bilbao, converténdose, con 42 anos, no máis novo da Conferencia Episcopal. En comparecencia ante os medios, Blázquez informou de que o Papa, Benedito XVI, aceptou a renuncia de Carmelo Echenagusia Uribe, tras 13 anos como bispo auxiliar, e nomeou a Mario Iceta Gavicagogeascoa, como o seu substituto. Iceta naceu en Gernika (Bizkaia), diocese de Bilbao en 1965 e no 94 foi ordenado sacerdote na Catedral de Córdoba, diocese onde se incardinou.

A que inspira menos confianza


A Igrexa católica é a institución que menos confianza inspira nos españois, que a puntúan cun 4,4 sobre dez no último lugar dunha lista que encabezan as universidades (6,9) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (6,4), segundo un estudo da BBVA no 2007. Os relixiosos son os menos valorados, cun 4,2, só superados polos políticos, que, cun 3,4, pechan unha lista liderada por médicos (7,1) e científicos (6,9).

Un de cada tres nunca reza

Malia o rotundo dato de seguidores do catolicismo (tres de cada catro españois), o nivel de relixiosidade, segundo o estudo da Fundación BBVA: a porcentaxe dos que cren sen dúbida que Deus existe é do 38,8% na poboación e do 47,8% no grupo dos católicos, cifras moi aproximadas. Case o 40 por cento (38,5%) non iría nunca a misa de non ser por vodas, funerais e bautizos e un terzo recoñece non rezar nunca

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg