'Europa é plurilingüe. Quen sabe galego sabe máis'
“Europa é plurilingüe. Quen sabe galego sabe máis”, é o lema da nova campaña de divulgación do decreto 124/2007 de galeguización do ensino non universitario, promovida desde a Universidade de Vigo xunto coas Concellarías de Educación e Normalización Lingüística dos Concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo. A través dunha campaña que inclúe reparto de material e charlas de especialistas para explicar as vantaxes do ensino plurilingüe dentro da comunidade educativa, procúrase unha máis efectiva aplicación da norma.
“Todo o que sexa educar en varias linguas son avantaxes e para Galiza é fundamental ter persoas plurilingües. O plurilingüismo non é algo bonito senón necesario na sociedade actual”, asegurou Xosé Henrique Costas, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, segundo o diario dixital da devandita universidade.
Para acadar este fin, a Universidade de Vigo proporciona o soporte científico elaborando textos para cadernos e dípticos explicativos, ao tempo que aportará especialistas en sociolingüística e didáctica de linguas para as charlas que se impartirán a consellos escolares, ANPAs e profesorado.
Xunto ás universidades de Santiago e A Coruña, e o concello e a deputación coruñesas, os concellos de Ferrol, Nigrán, Moaña, Redondela, Teo, Tomiño e Gondomar, xa expresaron a súa adhesión a esta campaña que Xosé Henrique Costas apunta “é normal noutros países con linguas minoritarias”. O director da Área de Normalización Lingüística lembrou que a propia ONU puxo este ano en marcha una iniciativa para preservar a riqueza cultural e lingüística, ante risco da perda, nos próximos anos de até 3000 linguas. “O galego” sinalou Xosé Henrique Costas “non ten perigo de desaparecer, pero si está en risco. Algo que quedou patente ao revelarse que o sistema de bilingüismo harmónico no ensino fracasou”, dixo Costas.





Comentarios
A nosa Lingua,non debe ser imposta a forza,pero debese cuidar moitísimo.E como ben di o artígo,Europa é pluri,logo canto máis se sepa e eduque en Linguas,moito maís positivo,sobre todo a nosa lingua tan fermosa e que tanto se falou e que tanto axuda a Cultura,nunca se debe de olvidar.E débese practicar amorosamente.
Ramón-Francisco-Dionisio Rodríguerz Maroto
Publicado por: Ramón-Francisco-Dionisio Rodríguez Maroto | Abril 25, 2008 2:07 PM
Como di moito ben este artigo Europa é pluri.Entón,canto máis Lingua,mellor,sobre todo a enseñanza é a fala dunha Lingua tan fermosa como é a nosa Lingua Galega,ademáis de ser tan importante,interesante é falada tanto e empregada en cantidade noutros tempos.O que sí,non debe ser imoposta a forza.Senón mimada é enseñada con moito cariño
Publicado por: Ramón-Fraancisco-DionisioRodríguez Maroto | Abril 25, 2008 5:39 PM
Como di moito ben este artigo Europa é pluri.Entón,canto máis Lingua,mellor,sobre todo a enseñanza é a fala dunha Lingua tan fermosa como é a nosa Lingua Galega,ademáis de ser tan importante,interesante é falada tanto e empregada en cantidade noutros tempos.O que sí,non debe ser imoposta a forza.Senón mimada é enseñada con moito cariño
Publicado por: Ramón-Fraancisco-DionisioRodríguez Maroto | Abril 25, 2008 5:42 PM