"O futuro do galego depende de nós"
A Mesa pola Normalización LingüÃstica vai buscar ademais a aprobación nos Concellos do paÃs de mocións ou declaracións institucionais "en favor da participación na manifestación" do próximo 18 de maio. De xeito paralelo, promoven o apoio do texto por parte de todo tipo de entidades, desde centros de ensino, até empresas, pasando por sindicatos e asociacións diversas.
O manifesto presentado este venres baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego", comeza subliñando que "vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo" e indica que os galegos teñen dereito a que a lingua estea en todos os ámbitos sociais "con dignidade e con normalidade". Tamén inclúe denuncia contra os que "pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego".




