A economÃa galega aguanta e segue creando emprego
O PIB galego medra ó 3,2%, cinco décimas máis que España pero un punto menos que hai un ano. Fernández Antonio recoñece a "perda do dinamismo". O Igape impulsará o avance do sector da construción con especial atención ós novos hospitais de Polonia.
A ConsellerÃa de EconomÃa, a través do Igape, impulsará a internacionalización de empresas galegas pertencentes ó sector da construción cara aos paÃses de Europa do Leste, con especial atención ás oportunidades que se abren coa previsión de edificar novos hospitais en Polonia, segundo avanzou onte o titular do departamento, José Ramón Fernández Antonio.
Ó termo dunha reunión en Santiago cos cinco responsables dos centros de promoción de negocios do Igape en China, Xapón, Estados Unidos, Alemaña e Polonia, Fernández Antonio destacou que este último paÃs levará a cabo un plan de infraestruturas sanitarias, no que as empresas galegas poden ter "unha posición importante" que axudará "ao desenvolvemento e implantación" do propio plan.
O titular de EconomÃa destacou que o Igape tamén apoiará a presenza de empresas construtoras da comunidade noutros paÃses de Europa do Leste incorporados recentemente á Unión Europea, coa perspectiva de desenvolver obras centradas no desenvolvemento de infraestruturas e non tanto no ámbito residencial.
RomanÃa e Bulgaria serán prioridade
Segundo recordou Fernández Antonio, esta zona está experimentando taxas de crecemento económico do 6,5 por cento no último ano, á vez que "está recibindo unha parte dous fondos estruturais" da Unión Europea. Por esta razón, os paÃses que conforman esta área xeográfica, como RomanÃa ou Bulgaria, incorporados no 2007, "teñen que ser unha prioridade" para a economÃa galega.
Xunto a isto, o conselleiro tamén avanzou que outras áreas de interese para a internacionalización das empresas galegas son Brasil e China, polos Ãndices de crecemento económico que igualmente rexistran estes paÃses, asà como o impulso do sector agroalimentario en Norteamérica.
Respecto disto, Fernández Antonio recordou a "forte expansión" das vendas de viño galego en Estados Unidos, tras duplicar a súa facturación o ano pasado grazas a un convenio co Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
Os paÃses do leste son o novo "maná" para os investidores
A alongada sombra da desaceleración económica xa se nota en Galicia e a comunidade comeza a perder afouteza cun crecemento do 3,2 por cento do Produto Interior Bruto no primeiro trimestre do 2008, unha porcentaxe menor que nos anteriores balances, do 4,1 e do 3,8 por cento no terceiro e cuarto trimestre. Non obstante, aÃnda que a perda de dinamismo é patente, aÃnda se avanza cinco décimas por enriba do incremento interanual no conxunto de España, do 2,7% no mesmo periodo, segundo os datos do Instituto Galego de EstatÃstica (IGE).
O conselleiro de EconomÃa, José Ramón Fernández Antonio, recoñeceu "unha perda de dinamismo" das contas, pero valorou o avance respecto a España, atribuÃdo especialmente a un factor, o da construción de vivendas residenciais, que está sufrindo un axuste maior a escala estatal que en Galicia, "como tamén no momento do boom do sector tivemos un comportamento máis moderado".
AÃnda que se referiu en reiteradas veces á perda de dinamismo económico, porque "hai que sinalalo", quixo reflectir que a taxa do 3,2 por cento permite seguir creando emprego. AsÃ, lembrou que en Galicia existen 3.500 postos de traballo novos desde o primeiro de xaneiro ata o 30 de abril, e afondando ós obxectivos básicos, insistiu que se manterá "o crecemento do emprego e o proceso de converxencia coa media española e da UE, que se está a cumprir".
Unha xuntanza cos Centros de Promoción de Negocio
A Xunta, ante tal coxuntura, volveu insistir na fórmula para loitar contra a desaceleración, como a internacionalización das empresas, sobre todo da construción, en paÃses que se atopan en fase de crecemento. AsÃ, apuntou a estados do leste europeo, especialmente Polonia, pero tamén China, Brasil e Estados Unidos.
Para iso, José Ramón Fernández Antonio reuniuse en Santiago cos directores dos Centros de Promoción de Negocio (CPN"s) de Alemaña, China, Polonia e Xapón, que farán de nexo coas empresas. O conselleiro considera que as empresas galegas deben ver esta "moderación" na actividade dentro da comunidade como unha "oportunidade" por impulsar a súa proxección en paÃses que viven, nestes momentos, un "maior dinamismo económico".
En concreto, referiuse a aqueles paÃses do leste, especialmente Polonia, que acaban de integrarse na UE, que tal e como recordou o conselleiro, rexistraron un crecemento económico do 6,5 por cento no último ano; reciben parte "importante" dos fondos estruturais e, polo tanto, inferiu que debe ser un mercado "prioritario" para as empresa galegas, e tamén ampliou esta proxección a paÃses como China, Brasil e Estados Unidos. Neste último, sobre todo en produtos agroalimentarios como o viño, que duplicaron a súa presenza no paÃs norteamericano.
En todo caso, tamén considerou que teñen oportunidade nestes paÃses actividades como a téxtil/moda; o turismo na súa vertente cultural/gastronómico; a construción; a biotecnoloxÃa no sector TIC; automoción; e naval.




