Economistas

Case 500 colectivos apoian xa a manifestación convocada para mañá

“Sen reivindicacións non hai conquistas”. A Mesa pola Normalización chama a toda a sociedade a mobilizarse mañá “Polo dereito a vivirmos en galego”. A asociación recorda no Día das Letras que na actualidade se segue a discriminar a persoas por falar galego

A Mesa pola Normalización Lingüística recordou hoxe, nunha conferencia de imprensa celebrada co gallo do Día das Letras, que, neste ano 2008, se segue a discriminar a moitas persoas por usar a lingua galega, e realizou un chamamento a participar mañá na manifestación “Polo dereito a vivirmos en galego”.

Esta marcha, que partirá ás doce do mediodía da Alameda compostelá, e que concluirá na Praza da Quintana, recibiu xa o apoio de case 500 colectivos de moi diferente ámbito, e é previsíbel que a cifra aumente nas vindeiras horas. Entre as adhesións, tal e como salientou o presidente da Mesa, Carlos Callón, atópanse “desde a Federación Galega de Halterofilia ao Rácing de Ferrol, pasando pola Academia Galega do Audiovisual, concellos como o da Coruña (que por vez primeira apoia un manifesto deste tipo), numerosas asociacións veciñais, xuvenís, culturais, estudantís, colexios profesionais, centros de ensino etc”.

Callón, que compareceu perante os medios acompañado polos membros da Comisión Permanente da Mesa Iria Taibo, secretaria xeral da asociación; Fran Rei, responsábel de Zonas e da Mocidade pola NL; Susana Romero, Elsa Quintas, Andrés Gómez-Chao e Adolfo Muíños, comezou a súa intervención felicitando a todos os galegos e galegas pola celebración do Día das Letras. “Os galegos e galegas de hoxe herdamos unha enorme proeza: o mantemento da nosa lingua a pesar de séculos de persecución, prohibición e discriminación”, asegurou. No entanto, tamén lembrou que se continúan a producir discriminacións por usar o galego, moitas delas veladas ou sibilinas, e outras tan graves como os casos que ten denunciado A Mesa pola Normalización nos últimos meses.

O presidente da Mesa recordou casos recoñecidos polas diferentes empresas implicadas, desde o “¡Burra, no hables lenguas menores!” que lle soltou a unha traballadora do Carrefour da Coruña o seu superior ao “¿Y si se te escapa algo en gallego?”, que foi argumentado para non contratar a unha persoa no Hotel Ciudad de Vigo, a pesar de que tamén falaba castelán, inglés, francés, alemán, italiano e o estándar portugués. Outro caso grave dos últimos meses, recoñecido tamén pola propia empresa, foi o caso da pediatra do Hospital Modelo da Coruña que lle prohibía aos seus pacientes, menores de idade, que se dirixisen a ela en galego.

O máximo representante da asociación en defensa da lingua aseverou que “fronte a isto cómpre a mobilización, porque sen reivindicacións non hai conquistas”. “Na nosa man está que o galego teña presente e teña futuro, pois ao longo da historia do noso milenario idioma puidemos ver que nunca houbo adiantos sen mobilización previa da sociedade”, asegurou Callón.

O presidente da Mesa pola Normalización informou de que o acto que se vai celebrar na Quintana será presentado pola actriz Isabel Martínez-Risco, coñecida polo seu traballo en series como Padre Casares ou o programa Air Galicia, e que van ler o manifesto persoas que, ao longo do ano, se significaron pola súa defensa do galego, a pesar dos múltiplos atrancos que atoparon no camiño.

Así, a primeira parte soará na voz de Ana López-Suevos, xuíza denunciada ante o Consello Xeral do Poder Xudicial por un avogado da Cadena Cope por redactar unha sentenza en galego. Seguiraa Ignacio Vilar, director e produtor de Pradolongo, exitoso filme rodado integramente na nosa lingua e que non se puido visionar nas salas comerciais de Santiago de Compostela pola negativa dos seus responsábeis. Xesús da Torre, que non foi contratado nun hotel por falar en galego, e Eduardo Álvarez, mestre denunciado e sancionado por reclamar da administración de xustiza o dereito a expresarse e a recibir información en galego completarán a lectura do manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”.

Despois da manifestación, xa pola tarde, celebrarase a Festa da Lingua, pensada especificamente para os nenos e as nenas, con actuacións circenses e musicais. Será a partir das 16.30 h nunha carpa que se instalará no Toural. O acto está organizado pola Mesa e pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza.

Os nenos tamén terán presenza na manifestación. Como xa é tradicional, explicou o presidente da asociación cívica, esta estará encabezada por nenos, que levarán unha faixa co lema “Súmate connosco ao futuro do galego”. Carlos Callón sinalou que “con isto, o que queremos exemplificar é que, aínda que estamos ante un momento crítico para a lingua, a batalla non está perdida”.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg