Economistas

Discriminación lingüística no Hotel Ciudad de Vigo

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer un novo caso de discriminación: un veciño da cidade olívica, Xesús da Torre Martíns, acompañado polo coordenador de zonas da Mesa Fran Rei, explicou como “se lle negou o acceso a un posto de traballo nun importante estabelecemento hostaleiro vigués polo simple feito de chamarse ‘Xesús’ e por empregar o galego durante a entrevista de traballo cun directivo do hotel”.

Os feitos denunciados hoxe pola Mesa aconteceron no mes de xullo do pasado ano: Xesús da Torre presentou o seu Curriculum Vitae para un posto de traballo na recepción do Hotel Ciudad de Vigo. Foi seleccionado e chamado a unha entrevista persoal cun dos directivos do estabelecemento. O denunciante explicou como, xa de entrada, “o directivo que me estaba a entrevistar fixo referencia ao feito de eu falar galego e preguntoume se era quen de falar castelán, alén de facer unha desafortunada referencia ao meu nome de pía ‘Xesús’, que polo visto lle causou moita estrañeza”.

Da Torre, que se declarou como ‘políglota’, contou que “consciente de que aquilo era un intento de provocación, cambiei ao castelán para lle demostrar ao entrevistador o meu perfecto dominio deste idioma”. “Porén, ao directivo do hotel parecíalle que a miña condición de galego falante habitual podía supor un problema”, explicou, “porque, segundo el mesmo, ao falar cos clientes podíaseme escapar algunha palabra ou frase en galego”.

Da Torre afirmou que de nada lle valeu o seu dominio do inglés, o francés, o alemán, o portugués e o italiano, alén do galego e do castelán, xa que “para a directiva do Hotel Ciudad de Vigo eu tiña un perigoso estigma: ser un falante consciente de galego e ter o meu nome propio no meu idioma”.

O cidadán vigués denunciante, que tamén deu a coñecer no seu día o caso á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza, quen o único que fixo foi enviar unha carta á dirección do hotel, afirmou sentirse “abraiado e desprotexido pola actitude do hotel” e, sobre todo, “porque tampouco non lles valeu de nada que eu xa tivese experiencia previa no sector, onde, por certo, nunca tiven problemas para usar o galego e dirixirme aos clientes na lingua na que estes me falasen”.

Xesús da Torre afirmou que para el “o uso do galego non é un dogma de fe, mais si unha cuestión de dereitos civís básicos que, no meu caso, foron visibelmente conculcados”. Fran Rei, coordenador de zonas da Mesa, agradeceu en nome da asociación a Xesús da Torre “a súa disposición a denunciar o caso de discriminación que lle aconteceu” e, sobre todo, “a súa valentía por deitar á luz pública un conflito, o lingüístico que”, segundo afirmou, “só se resolverá positivamente para a lingua galega no momento en que o exterioricemos, en que reclamemos o noso dereito a vivirmos polo mundo e irmos pola vida falando en galego”.

Explicou Rei que, pola contra, “é obvio que non existe conflito lingüístico ou negación de dereitos ningunha se sempre somos os do mesmo lado, as persoas galego falantes, os que cedemos, os que calamos, os que interiorizamos discriminacións inxustas e aberrantes como se fosen o ‘pan noso de cada día’, porque entón o galego non existe e así, evidentemente, si que se acaba o problema”.

Rei explicou que, unha vez coñecido o caso de Xesús da Torre, A Mesa mantivo unha entrevista cun dos encargados do Hotel Ciudad de Vigo, no que este “asumiu como real e non inventada a denuncia en todos os seus termos”, mais iso si, “para xustificar en todo momento a actitude do estabelecemento baseándose en todos os coñecidos e manexados tópicos e prexuízos que circulan arredor do galego”.

O dirixente da Mesa explicou, ademais, como o Hotel Ciudad de Vigo “reincide no seu desprezo ao idioma galego”, pois “xa hai dous anos tivemos coñecemento na asociación doutro caso semellante: unha traballadora que presentou un escrito laboral redixido en galego e recibiu como resposta desde a xerencia que o debía traducir ao castelán, ou do contrario non tería validez xurídica”.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg