Galicia Bilingüe: Fouciño de ouro para a organización que máis decididamente loitou no último ano por restarlle dereitos ao galego

No último ano non fixemos máis que escoitar un discurso que intentaba botar abaixo o decreto de galeguización do ensino, no que se establece que, cando menos, o 50% das materias estarán impartidas en galego. Durante décadas o galego foi o irmán pobre do ensino e non pasaba nada, pero agora que se consegue que a nosa lingua teña un lugar relevante na educación é cando aparecen os discursos sobre a liberdade individual.
Ademais, o nome desta asociación xa é unha farsa en si, porque o bilingüismo se produce cando un individuo ou unha comunidade emprega normalmente dous idiomas. E non vemos que loiten por implantar o galego na Igrexa, na Xustiza, nas empresas ou na sanidade do paÃs.
Pola contra, moitos dos que votaron por esta asociación propoñen que se lle chame Galicia Diglósica (situación de convivencia de dous idiomas nun mesmo territorio, onde un ten un estatus de prestixio fronte ao outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores da oralidade, a vida familiar e o folclore); Galicia Monolingüe (onde está o galego na súa páxina web?, cando falan galego os seus representantes?, onde denuncian as situacións de atropelo que sofre o galego?, u-los comentarios sobre as axudas a nivel estatal a prol do castelán?) ou Galicia BÃfida (por andar intoxicando deste xeito en contra do galego).
Resultados
Boina de Ouro:
Franco: 28 votos
Reis Católicos e monarquÃas: 16 votos
Igrexa Católica: 3 votos
Isabel I: 2 votos
Afonso X o Sabio: 1 voto
César Augusto: 1 voto
Sociedades que non toleraron outras linguas
Sacho de Ouro:
Franciso Vázquez: 27 votos
Fraga: 13 votos
Real Academia Galega: 12 votos
Rajoy: 11 votos
Touriño: 11 votos
A Mesa/Callón: 6 votos
Nacionalistas/BNG: 5 votos
TVG: 4 votos
A Mesa/Callón: 3 votos
PP: 3 votos
La Voz de Galicia: 3 votos
Manuel Glez. Glez: 2 votos
SXPL/Marisol López: 2 votos
PSOE: 1 voto
Méndez FerrÃn: 1 voto
Bieito Lobeira: 1 voto
Quintana: 1 voto
Feijoo: 1 voto
Camilo José Cela: 1 voto
Alcalde de Negreira: 1 voto
A televisión: 1 voto
Parlamento Galego: 1 voto
Camiño de Santiago: 1 voto
Filólogos galegos: 1 voto
Faro de Vigo: 1 voto
SÃndrome de Estocolmo do pobo galego: 1 voto
Galegos acomplexados: 1 voto
Os polÃticos en xeral: 1 voto
Fouciño de Ouro:
Galicia Bilingüe: 40 votos
Xefe de sección do Carrefour: 8 votos
Cope: 2 votos
Miguel Font: 1 voto
Frades do mosteiro de Oseira: 1 voto
Pais galegos que non lles falan aos fillos na súa lingua: 1 voto
Xogadores da selección galega de fútbol: 1 voto
Cristina Losada: 1 voto
Premios 2008
Pretendemos seguir con esta iniciativa todos os anos e facelo a través da Rede, onde se xuntan un bo feixe de blogueiros e persoas comprometidas coa cultura e a lingua galegas. Ademais, debido ás moitas peticións que se nos fixeron a través do correo electrónico, anunciamos que para o ano teremos dúas categorÃas:
1ª categorÃa: Premios Lingua de Ouro pola persoa/institución viva que máis decidamente traballa en prol da lingua galega. Visto que o DÃa das Letras Galegas homenaxea a unha figura das nosa cultura que leva cando menos 10 anos falecida, cremos necesario tamén o recoñecemento en vida de todos os que loitan porque o galego sexa unha lingua forte, viva e da que nos sintamos orgullosos.
2ª categorÃa: Premios Antilingua Galega pola persoa/institución viva que máis decidamente traballa en contra da lingua galega.
Agradecementos
Queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a todos os internautas galegos, vascos, cataláns, madrileños e doutras comunidades que votaron e, sobre todo, que dedicaron uns minutos do seu tempo a reflexionar sobre a lingua, sobre o que se está a facer mal e sobre quen ten máis responsabilidade ou competencia neste asunto.
Graciñas polas vosas ideas, polo voso ánimo, polas suxestións á hora de cambiar o material dos premios e sobre todo polo voso apoio.
Para rematar, sinalar que, por riba de todos os que fan o posible para que o galego non teña o seu espazo na nosa sociedade, mentres o sigamos empregando con orgullo, con paixón e con amor na nosa vida cotiá, a nosa lingua nunca morrerá.




