O manifesto da mesa para o 17-M xera tensión no bipartito
O estrés lingüÃstico dos últimos dÃas está creando xa tensión polÃtica nas alianzas entre o PSdeG e o BNG. O caso que pode agrandar as fendas vén de Poio -onde socialistas e Bloque gobernan en coalición- e amosa por primeira vez unha fractura no goberno local que de momento parece, máis que nada, un aviso de navegantes: o PSdeG votou co Partido Popular (PP) en contra dunha moción do BNG para apoiar o manifesto da Mesa de cara á manifestación do 18 de maio.
Deste xeito o alcalde, o nacionalista Luciano Sobral, quedou en minorÃa tras apoiar por sorpresa os socialistas a postura do PP en contra deste texto, que acusaron de "nova forma de fascismo".
O presidente da asociación que promove o manifesto, Carlos Callón, amosaba onte o seu asombro polo resultado desta votación e anunciaba unha entrevista cos representantes socialistas no concello para coñecer cal foi o motivo do seu rexeitamento. A Callón estrañáballe aÃnda máis a actitude cando outros concellos de goberno socialista, como o de Ferrol ou o de Ames, se adheriron ao texto. "Non o entendemos", aseguraba, ao tempo que se estrañaba de que os socialistas falasen "agresión" e "confrontación" respecto do texto.
Callón pon a Touriño no fÃo da navalla
O manifesto foi presentado polo propio Callón a pasada fin de semana nunha intervención non exenta de polémica, entre outras razóns porque acusou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de presionar a ConsellerÃa de Educación para evitar a plena eficacia do Decreto do Ensino en galego ou de tutelar unha polÃtica lingüÃstica continuÃsta a través da directora xeral dese departamento, Marisol López. Callón subliñou que o galego vivÃa o "peor momento da súa historia" en canto ao Ãndice de fala espontánea e a súa transmisión ás novas xeracións. Desde PolÃtica LingüÃstica, rexeitouse repetidamente comentar estas acusacións.
Onte, porén, as acusacións continuaron desde a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, que lle botou de novo en cara a Marisol López "un labor continuÃsta" respecto ao anterior goberno do PP, ao permanecer un uso "residual e minoritario" da lingua galega.
O voceiro de Galiza Nova, Daniel Carballada, sinalou que PolÃtica LingüÃstica depende da ConsellerÃa de Presidencia, o que significa "poñer o raposo a coidar das galiñas", xa que o titular deste departamento, engadiron, Jose Luis Méndez Romeu "é o embaixador en Santiago do actual embaixador no Vaticano -o ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez--, que estivo vinte anos no goberno máis galego-reaccionario que existiu e é coñecido o seu historial delituoso por perseguir aos nenos galego-falantes da bisbarra de Bergantiños", denunciou.
AsÃ, acusou ao conselleiro de Presidencia da "inactividade real" de PolÃtica LingüÃstica "claramente continuista co PP" e que "relega ao galego á folclorización, á sectorialización, ao uso minoritario e residual, sen vontade de invadir espazos e alcanzar cotas ata agora negadas para a lingua".
Unha situación que, dende o seu punto de vista se dá tamén en concellos como o de Oleiros ou Cambre, ademais de no da Coruña. Nos casos de Oleiros e Cambre, Carballada denunciou que "cada vez se fan máis actos en castelán e hai unha ausencia de respecto da lingua e a cultura do paÃs".
"Javier Losada desenvolve unha actitude cÃnica"
No caso do Concello da Coruña, puxo en valor o labor que desenvolve a ConcellarÃa de Normalización LingüÃstica, en mans do BNG, pero criticou a actitude dos concelleiros socialistas e en especial do alcalde, Javier Losada. "Losada desenvolve unha actitude cÃnica que en determinadas ocasións mantén o respecto á cultura galega, e outras, para manter contenta a súa cuadrilla, mantén unha polÃtica españoleira, criticou.
Para responder a esta situación que consideran itolerable, os membros de Galiza Nova organizaron unha campaña na provincia da Coruña para fomentar o uso do galego, en especial entre os mozos da conmemoración do DÃa das Letras Galegas. A campaña, cualificada polos rapaces de Galiza Nova de "revolucionaria e didáctica", tratará de "romper moldes e dar a coñecer os dereitos da poboación para falar en galego". Proxectaranse filmes como Eu nunca serei eu, ou Linguas cruzadas nas localidades de Cambre, Culleredo e Betanzos, que contarán co comentario e a participación de Bieito Lobeira, Pilar GarcÃa Negro ou a escritora Pilar Pallarés. Ademais, realizarán un acto no campus da Universidade da Coruña, tamén con Bieito Lobeira, e organizarán un concerto en Arteixo que aÃnda non se fixou a data. Por suposto, Galicia Nova estará na manifestación do 18 de maio en Santiago.
A CERNA Texto do Manifesto
O Manifesto da Mesa de cara á manifestación do vindeiro dÃa 18, domingo, en Santiago de Compostela, aparece na páxina da asociación:
"As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" este 18 de maio de 2008, declaramos:
1.- Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de AutonomÃa o cualifica como "a lingua propia" do paÃs, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
2.- Consecuentemente, deben existir as garantÃas para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, asà como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
3.- Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
4.- Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.




