Revitalizar o rural
Poñer en valor o medio rural, evitar o risco de incendios e facer produtivas as terras minifundistas galegas. Estes son os tres obxectivos da primeira Unidade de Xestión Forestal (Uxfor) de Ourense, algo máis de 80 hectáreas da localidade da Gudiña que serán reforestadas con castiñeiros. Este proxecto pioneiro foi presentado onte na clausura das I Xornadas Internacionais sobre o Castiñeiro, organizadas polo Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Ourense, organismo dependente da consellerÃa de Medio Rural.
O lugar elixido para poñer en marcha este proxecto é unha zona de monte baixo afectada polo lume con moita regularidade. Formada por un total de 208 pequenas parcelas individuais e comunais e impulsada por 68 promotores, a Uxfor estará formada na súa maiorÃa por castiñeiros, especies autóctonas que dificultarán a propagación das lapas en caso dun novo incendio. "A reforestación con castiñeiros, que se levará a cabo en varias fases, comprenderá unhas 48 hectáreas, mentres que a superficie restante contará con especies como o pino pinaster ou convertiranse en zonas limpas", explica o técnico forestal Jaime Iglesias Pérez, coordinador do proxecto. Como fase previa a esta plantación, realizarase un labor de prevención da zona que vai dende a limpeza das pistas, creación de cortalumes e creación de franxas de protección para evitar situacións de perigo nos núcleos poboacionais en caso de incendio.
En marcha a finais deste mesmo ano
A pesar de atoparse nunha fase inicial, Iglesias prevé que a Unidade de Xestión Forestal da Gudiña bote a andar a finais deste ano ou principios do 2009, se ben nunca máis tarde de marzo dese ano. "Xa se puxo en coñecemento dos veciños, que o acolleron cunha gran satisfacción. Por iso, a Uxfor só está pendente da tramitación do expediente e demais burocracia", conta este técnico forestal. Ademais do labor de prevención e protección ante un posible incendio, a reforestación desta zona permitirá evitar o abandono que vivÃa. "Trátase dunha zona desfavorecida e deprimida, con xente moi maior e na que as poucas repoboacións que se levaron a cabo quedaron destruÃdas polo lume, a seca ou problemas fitosanitarios. De aà que o principal obxectivo desta Uxfor non sexa o produtivo, senón evitar o abandono", indica Iglesias.
Non obstante, as vantaxes deste modelo de xestión son moito maiores. A explotación comunitaria de parcelas caracterÃsticas do minifundismo galego permÃtelle ós seus propietarios realizar un aforro importante ó optar a subvencións da consellerÃa que, polo seu pequeño tamaño, lle serÃan denegadas, ademais de sairlles moito máis económica calquera actuación que se leve a cabo sobre a zona. E todo sen perder os dereitos sobre cada propiedade. "A Uxfor da Gudiña será un exemplo moi visual do que se quere conseguir con esta nova polÃtica de valorización do monte, xa que poñerá en produción o minifundio, reducirá o risco de lumes e recuperará terras abandonadas", conclúe ÂIglesias. A mellor forma de revitalizar o noso rural.
A meta, un contrato homologado tamén para a castaña
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou onte que o seu departamento traballará para alcanzar un contrato homologado que regule as relacións comerciais entre produtores e transformadores de castaña.
Precisamente, o conselleiro revelou que antonte mesmo se celebrou unha reunión, no marco das xornadas Internacionais, entre representantes dos sindicatos agrarios e das industrias, coa Administración como mediadora, para sentar as bases dun documento.
Deste modo, sumarÃase ó xa asinado nos sectores do viño e do leite, co obxecto, segundo Suárez Canal, de que recolla uns criterios obxectivos e unhas variables que o produtor poderá negociar coa empresa o prezo ao que lle venderá o produto. O conselleiro enmarcou esta iniciativa na estratexia global para darlle estabilidade ós distintos sectores agroalimentarios.
Suárez Canal recordou que no recén aprobado Plan galego de desenvolvemento da agricultura ecolóxica, recóllese un apartado especÃfico para impulsar o cultivo e a comercialización da castaña. Neste sentido, considerou que esta xornada internacional serviu para poñer de manifesto a potencialidade que ten Galicia para a produción deste froito, con 15.000 toneladas anuais, o que supera as cifras doutros territorios, como Francia.
ENTREVISTA
Suárez Canal insiste na transcendencia do acordo lácteo
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, valorou onte nunha entrevista mantida con AGN a sinatura do contrato homologado no sector lácteo, como "un cambio estrutural que modifica comportamentos de vinte anos no sector". Segundo explicou, o documento "vai poñer un prezo e como dura seis meses vaillo dicir no contrato ó gandeiro, polo que a partir de agora produtor e industria vanse poñer de acordo".
Segundo os seus cálculos, pode que no prazo de 25 dÃas xa poida estar o documento no DOG e, "no momento en que se publique, cada industria xa poderá pactar cos labregos a aplicación do contrato".
Respecto da polémica das "desercións" na histórica xuntanza da Mesa do leite, nega que se expulsase ás empresas da Fenil por non querer suscribir o acordo e as presuntas confrontacións entre a Administración galega e a española. Iso si, o conselleiro encargouse de subliñar que "queremos un contrato homologado de noso", e incidiu que "é mellor que o estatal porque aquà hai un traballo desenvolto na Mesa que se reflicte no contrato e recolle o prazo de seis meses".




