SD Hípica, Club de Golf de A Zapateira, Casino A Coruña, RC Deportivo y otros
Acaba de ser inciada por A Mesa pola normalización linguística una campaña que se puede encontrar en:
www.amesanl.org/campanhas.html
El texto de la campaña es el que reproducimos a continuación:
A Lei de Normalización Lingüística de 1983 determina no seu artigo 10.1. que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”: desde entón, A Coruña é a única denominación oficial desta cidade; desde 1998, grazas á lei 2/1998, tamén é o nome oficial da provincia. Malia a resistencia do Concello da Coruña e doutras administracións durante moito tempo, asociacións, empresas e millares de particulares empregan con total normalidade e con orgullo o nome auténtico da súa cidade; moitos, desde hai xa anos.
Porén, a pesar de que entidades e institucións outrora reacias a aceptaren a legalidade comezan xa a cumprila, segue a haber excepcións –algunhas delas relevantes: é o caso do Clube de Golf e mais da Sociedade Deportiva Hípica; do Casino ou do propio Deportivo, un dos símbolos da Coruña e mesmo de Galiza polo mundo adiante.
Desde A Mesa da Coruña animámoste a que te dirixas ás directivas do Clube de Golf e mais da Hípica, que veñen de modificar os seus Estatutos, para lles lembrares o nome legal da nosa cidade e para que os animes a que deixen de ser sociedades emblemáticas dun lugar que non existe.
Progresivamente farémolo con outras entidades.




