Existe aÃnda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
O castelán segue a ser a lingua culta de Galicia e na que os galegos teñen maior competencia. Asà se puxo de manifesto onte na presentación dos resultados do primeiro ano de funcionamento do Observatorio da Lingua Galega, nun acto celebrado en Santiago que presidiu a secretaria xeral de Normalización LingüÃstica, Marisol López. A pesar dese dato, o idioma predominante do paÃs segue a ser o galego e, como nota optimista, comprobouse que as novas xeracións adquiren cada vez maior competencias nese idioma.
O observatorio, que comezou o seu labor no ano 2007, esculcou para o seu estudo de presentación oito ámbitos: cidadanÃa, Administración, economÃa e empresa, educación, sanidade, tecido asociativo, medios de comunicación e telecomunicacións. Os resultados amosan que a lingua galega ten unha presenza desigual na sociedade: Nas administracións autonómica e local conta cun uso maioritario, pero non ocorre o mesmo nas empresas e nas telecomunicacións, nos que a situación da lingua dixo Marisol López dista de estar normalizada.
O método de traballo seguido polo Observatorio é mixto. Por unha banda, realizáronse máis de 7.000 enquisas directas e, por outra, organizáronse 22 paneis de escoita, mesas de debate e achegas e suxestións, con máis 130 representantes dos outros ámbitos analizados.
Os estudos do Observatorio seguen os modelos doutras comunidades autónomas con dobre lingua oficial e ofrecen, como novidade, un indicador para coñecer o grao de normalización, o denominado Ãndice de normalización lingüÃstica (INL), obtido dos estudos realizados e que proporciona unha ferramenta estatÃstica sobre o grao de normalización lingüÃstica de cada sector.
Logo da primeira diagnose xeral, a función do Observatorio da Lingua será converterse nun instrumento áxil e rigoroso que proporcione información actualizada e en profundidade de sectores concretos nos que planificar actuacións de normalización lingüÃstica no futuro. De feito, Marisol López adiantou que as próximas liñas de trabaixo deste instrumento se centrarán no estudo da presenza do galego en internet e no ámbito do dereito e das notarÃas, "para coñecer de forma rigurosa o uso do galego", resaltou.
O Observatorio da Lingua conta cunha páxina web (www.observatoriodalinguagalega.org) que presenta unha aplicación estatÃstica para poñer a disposición dos usuarios ampla información dos resultados alcanzados.
Una das partes máis dinámicas da páxina será a sección Actualidade, na que se incluirán noticias relacionadas coas linguas, con independencia do idioma o do lugar en que se produzan.
Ademais, cunha periodicidade semanal, as persoas que o desexen recibirán o boletÃn Novas de Linguas, centrado na actualidade lingüÃstica do mundo. A web ofrece ademais, un fondo documental, estatÃsticas determinables por variables e por ámbitos e unha hemeroteca do referido boletÃn.
Segundo os seus impulsores, a través da información obtenida, o Observatorio permitirá abrir novos ámbitos, de forma que se poida ampliar o traballo realizado para un mellor coñecemento da situación sociolingüÃstica galega. Deste xeito, a secretaria xeral considera que o Observatorio da Lingua Galega "non pode nin debe ser unha ferramenta estática, polo que se van ver proximamente novas observacións que irán enriquecendo e completando a radiografÃa dos usos lingüÃsticos na sociedade". Destacou, ademais, o carácter innovador desta ferramenta e animou a visitar facer uso desta fonte de información permanente.
Medios, PolicÃa, Facenda e Xustiza, os que menos cumpren
A páxina web do observatorio ofrece estatÃsticas sobre o grao de cumprimento da normalización lingüÃstica en Galicia. Entre elas, figura un Ãndice onde se revela que a PolicÃa Nacional, a Axencia Tributaria, a Administración de Xustiza e a Garda Civil son os ámbitos onde menos se usa o galego, en proporcións que non superan o trinta por cento. Os medios de comunicación privados aÃnda van máis atrás. No caso da PolicÃa Nacional non chega ao 26%. O seguinte tramo -con menos do 50%- ocúpano as empresas, as farmacias, a banca e a seguridade social.
No polo oposto, os ámbitos con maior implantación da normalización lingüÃstica son os centros non universitarios, cun 88%. SÃguenos outras entidades estatutarias(85,91%), os concellos (78, 28%), a Xunta (78,14%) e os centros universitarios (71,98%).
Con máis do cincuenta por cento de cumprimento dos Ãndices de normalización lingüÃstica, figuran as deputacións (64,69%), os hospitais (63,9%), os centros de saúde (61,08%), as asociacións (56,75%) e as entidades deportivas, que chegan até o 55,45%.




