Galiza, disque, non é Galiza
Segundo publica este domingo un diario coruñés, a Real Academia Galega considera que a forma "normativa e xuridicamente lexÃtima é Galicia".
a) Galicia e Galiza son formas históricas lexÃtimas galegas no sentido filolóxico. As dúas circularon na época medieval, pero só Galicia mantivo un uso ininterrompido ao longo da historia na lingua oral.
b) A denominación oficial do PaÃs normativa e xuridicamente lexÃtima é Galicia.
A Real Academia Galega (RAG, a web da institución estivo inactiva durante toda a mañá deste domingo) respondeu deste xeito a unha consulta formulada o 19 de setembro de 2007 pola ConsellarÃa de Cultura sobre a "pertinencia ortográfica do topónimo Galiza para denominar o noso PaÃs", segundo publica este domingo na súa edición nacional o xornal coruñés La Voz de Galicia.
A petición solicitaba unha aclaración por parte dos académicos, "á vista das diferentes interpretacións existentes sobre a lexitimidade do uso do topónimo Galiza nas publicacións oficiais da Xunta de Galicia", afirma, ao abeiro da revisión en 2003 das Normas ortográficas e morfolóxicas do galego por parte da RAG.
Os argumentos recollidos na contestación a Cultura, que asina o presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro, foron debatidos e aprobados nunha reunión do Plenario, organizada o pasado 29 de marzo. O xornal achega unha copia desta misiva.
Debate no Plenario
Dos detalles do debate que se produciu na xuntanza de académicos, informa tamén La Voz de Galicia, aÃnda que neste caso cita declaracións que non aparecen no documento: "A Academia aclara expresamente que a comisión encargada no seu dÃa de analizar o tema nunca cuestionou que o nome oficial do paÃs é Galicia, tal como consta nos textos legais como o Estatuto de Galicia".
No entanto, segundo o redactor que asina a noticia, unha parte da comisión quixo que "dalgún xeito se fixese constar que a forma Galiza tamén era unha forma histórica auténtica galega".
A redacción do texto tamén foi obxecto de debate, afirma o xornal, xa que ante a expresión "Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega", un membro da comisión chamou a atención sobre o feito de que 'lexitimamente' se puidese interpretar como con valor legal. Mais aclaróuselle que a palabra se utilizaba co valor de "autenticamente, xenuinamente", di o diario.
Apunta outro dato máis do debate no Plenario este rotativo. Sinala que a posibilidade proposta por algúns académicos de aceptar as dúas formas foi rexeitada porque di que a RAG "consideraba que un paÃs non debe ter máis ca un nome na súa propia lingua, e que aceptar esta vÃa serÃa unha mostra dunha esquizofrenia lingüÃstica non desexable".




