O Goberno inxectará 7.800 millóns en 2009 ao suprimir o Imposto de Patrimonio e adiantar as devolucións do IVE
O Goberno presentou unha serie de medidas coas que pretende que a desaceleración económica afecte o menos posible aos petos de particulares e empresas no que queda de ano e ao longo do 2009.
O anteproxecto de lei cuxa remisión ao Consello de Estado aprobou hoxe o Consello de Ministros recolle varias das medidas fiscais incluÃdas no Plan de EstÃmulo Económico aprobado o pasado 18 de abril, entre elas a supresión do Imposto do Patrimonio desde 2008 e a devolución mensual do IVE desde o 1 de xaneiro de 2009.
Estas dúas últimas iniciativas permitirán que a economÃa española reciba 7.800 millóns de euros no próximo ano, dos que poderán beneficiarse tanto familias como empresas. O vicepresidente económico, Pedro Solbes, destacou "a celeridade" do Executivo para facer fronte á freada que sofre a economÃa desde principios de ano, sen "facer decretazos nin recortes sociais".
Coa eliminación do Imposto de Patrimonio un total de 1'3 millóns de contribuÃntes poderán aforrar 1.800 millóns a partir deste exercicio, xa que en 2009 xa non terán que facer a declaración de Patrimonio correspondente a este ano. AsÃ, a última que se realice será a que se presente no que queda de ano correspondente a 2007. Solbes considerou, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros no que se aprobou a remisión do anteproxecto de lei de Medidas Fiscais ao Consello de Estado, que a supresión do imposto finalizará co "efecto disuasorio" que existÃa actualmente para o non residentes que adquirÃan unha vivenda en España e que, desta forma vÃanse obrigados a tributar.




