O normalizadores acusan á Xunta de renunciar ao Consorcio de Planificación LingüÃstica
Logo de ser anunciado en diversas ocasións, que contar con dotación económica nos orzamentos da Xunta tanto do 2007 como do 2008; despois de ser presentado e aprobado no Parlamento Galego e despois de que a secretaria xeral de PolÃtica LingüÃstica, Marisol López, asegurase que só quedaba a adhesión das sete cidades galegas e das catro deputacións para poñer a andar o proxecto, a creación do Consorcio para a Planificación LingüÃstica dista moito de ser unha realidade.
Asà o denuncia a Coordinadora de Traballadores de Normalización LingüÃstica, quen anuncia que se dirixirá ao Presidente da Xunta para trasladarlle o seu malestar. Pedirán ademais aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da Secretaria Xeral ante o incumprimento do seu compromiso. Toman esta decisión logo de que dende PolÃtica LingüÃstica lles confirmase a paralización tanto do Consorcio para a Planificación LingüÃstica como do Consorcio de TerminoloxÃa. Ademais de incumprir un acordo parlamentario, a CTNL subliña que con esta paralización se está a desviar cara outras accións os fondos dos orzamentos que Ãan destinados á creación destes organismos.
Obxectivos e prazos
O obxectivo que se marcaba este Consorcio era o de sentar as bases para a coordinación dos servizos municipais de normalización, asà como o de converterse nun organismo fundamental para que o galego sexa a lingua habitual nas relacións internas da Administración, na comunicación interadministrativa e na relación cos cidadáns. CrearÃase asà unha estrutura estábel, da que dependerÃan os servizos de normalización de concellos e deputacións.
Este proxecto fora presentado no Parlamento en marzo de 2007, logo de incluirse unha partida orzamentaria nas contas galegas para ese mesmo ano. O tema voltou á palestra en outubro, cando o Pleno da Cámara aprobou unha resolución na que se instaba á Xunta a promover unha estratexia de coordinación lingüÃstica, que se levarÃa a cabo a través da creación deste Consorcio. Oito meses despois, a Coordinadora de Traballadores de Normalización LingüÃstica amosouse sorprendida ante a decisión de paralizar a creación deste organismo e anuncia que tomará as súas medidas.




