O noso, o idioma de moda
Galiza é a maior potencia económica, e o galego unha das linguas máis faladas no planeta, "grazas a unha serie de visionarios que (no século XIX) decidiron emprender a fazaña de estender a súa lingua por todo o mundo", con isto, e co feito de Galiza dominar todo canto hai a nivel económico, somos unha das principais potencias da Terra. Ou isto é o que se di no documental O galego: idioma de moda, que Xela RodrÃguez envÃa ao concurso Unha imaxe para o galego.
A menos dunha semana para que se peche o prazo para enviar vÃdeos e fotografÃas a concurso, aÃnda seguen a chegar traballos que compiten por ser a imaxe da nosa lingua.
Levamos máis de medio cento de fotografÃas, e esta semana aÃnda chegaron dous vÃdeos máis, que han pelexar por levar os premios que temos gardados. Se tes por aà os teus propios traballos e non sabes que facer con eles, a que agardas para envialos? Ti es a (re)cámara do idioma; do noso, que seica está de moda.




