O Concello coruñés desiste na súa loita por reivindicar a «L» no topónimo

O pleno municipal coruñés ten previsto aprobar o vindeiro luns un decreto da alcaldÃa no que se acorda desistir das accións xudiciais pendentes que reivindican o uso do topónimo da cidade na súa forma castelá. Desta forma resolverase unha polémica iniciada o 2 de xaneiro de 1992, cando a Mesa pola Normalización LingüÃstica interpuxo un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia porque o Concello non recoñecÃa nin utilizaba como nome oficial o da Coruña.
O xefe dos servizos xurÃdicos municipais aclara que aÃnda que se trata dun asunto competencia do pleno, por razóns de urxencia e para evitar unha imposición de costas, o acordo de desistimiento pode ser adoptado polo alcalde e este, á súa vez, dar conta no pleno para a súa ratificación.
Tras as pasadas eleccións municipais e coa formación do goberno bipartito PSOE-BNG na Coruña a polémica sobre o topónimo comezou a disiparse. De feito, foi sumamente significativo o feito de que coa renovación de cargos en MarÃa Pita creásese unha concellarÃa de Normalización LingüÃstica, algo impensable durante a época de Francisco Vázquez como alcalde. A edil de Normalización, a nacionalista Ermidas Valencia, comentou ao pouco tempo de ocupar o seu cargo que existÃa unha vontade clara de finalizar cun proceso xudicial que xa non tiña sentido. De todos os xeitos, aclaraba que o único que tiña potestade para facelo era o alcalde, Javier Losada . Agora, con este decreto, porase fin ao único recurso de casación que segue os trámites xudiciais no Tribunal Supremo. De feito, o pasado 10 de xaneiro, este Tribunal admitiu a trámite o recurso de casación do Concello e desestimou a alegación de inadmisión preformulada pola Mesa de Normalización. Segundo estiman desde os servizos xurÃdicos do Concello coruñés, o auto do Supremo por este recurso posiblemente será similar aos anteriores e, polo tanto, obrigará ao Concello a utilizar a forma oficial do topónimo (A Coruña) e, ademais, con imposición das costas.
La Voz de Galicia, 010708




