O sector mexilloeiro súmase ó lácteo na guerra de prezos
Máis da metade dos produtores galegos de mexillón manterán paralizada a subministración do seu produto ás industrias cocedeiras e de transformación ata que se acorde a implantación dun novo sistema de vendas que garanta un prezo único para os moluscos bivalvos destinados ao seu procesado como conserva.
Asà o expuxo onte o presidente do Consello Regulador de Mexillón de Galicia, Juan Ramón Dios, quen destacou que o obxectivo das principais organizacións do sector, propietarias do 60% das 3.337 bateas rexistradas na comunidade, é impedir a baixada de prezos en orixe experimentada desde o outono do ano pasado.
De 0,40 a 0,28 euros ó quilo dende o outono
A este respecto, sinalou que as firmas cocedeiras aplicaron descontos que foron aumentando progresivamente e que chegaron a supor un 25% da cotización establecida na táboa de referencia, que estipula o importe do mexillón en función do seu tamaño e rendemento. Se unha barcada deste molusco, 15 toneladas, se vendÃa a unha media de 0,40 euros o quilo no outono de 2007, os últimos pagamentos reducÃronse ata 0,28 euros o quilo. Dios asegurou que esta situación provocou "importantÃsimas" perdas ás conserveiras galegas, que transforman uns 200 millóns de quilos anuais na comunidade. Unha das 20 industrias de maior peso das localizadas en Galicia chegou a rexistrar perdas superiores aos 20 millóns de euros, dado que estas firmas traballan con stocks de produto, é dicir, dedÃcanse a adquirir grandes cantidades que almacenan e adecúan ás súas necesidades. Os descontos progresivos aplicados á materia prima foron a causa das súas perdas, ao non poder competir a eses prezos.
Por outra banda, o presidente de Mexillón de Galicia referiuse á problemática da importación de molusco bivalvo de Chile e outros paÃses latinoamericanos, aos que responsabiliza de comercializarse como produto autóctono pero a un prezo "imposible" para o sector galego. Por iso, as organizacións Opmega, Cabo da Cruz, Socongal, Amegrove e diversas agrupacións de produtores independentes de toda Galicia traballan desde hai case medio ano na creación dunha central de vendas que estableza un sistema único de vendas industria para asà permitir fixar un prezo "estable" para todo o ano que asegure a cobertura de custos de explotación aos titulares de bateas. No entanto, desta proposta desmarcáronse hai un mes e medio a Federación Arousa-Norte e a Asociación Virxe do Rosario de Vilaxoán, que representan 360 bateas.
Presenza de piquetes nos peiraos arousáns
Os presidentes de Federación Arousa-Norte e da Asociación Virxe do Rosario de Vilaxoán, Javier Blanco e Juan López Durán, respectivamente, denunciaron a Europa Press a presenza de piquetes nos peiraos arousáns que, a pesar de non impedir a súa actividade, realizaron "ameazas veladas" de asperxer as súas embarcacións e bateas con gasóleo no caso de que non se somen ao paro iniciado este domingo.
Ambos os dous aseguraron a súa "desconformidade" coa creación dunha central única e un sistema único de vendas "nun mercado libre", ao considerar que esta iniciativa só beneficiará as empresas cocedeiras que estean vinculadas a unha agrupación de produtores, asà como ás depuradoras que estean no mesmo caso.
No entanto, Blanco sinalou que o 90% das case 30 firmas que se dedican á cocción de mexillón carecen de produtores vinculados a eles e que, xa que logo, a intención das principais asociacións do sector é "impor" os seus criterios e o seu modo de actuar aos produtores e firmas máis modestas, "a inmensa maiorÃa".
Sen cesión por ningunha banda
Os bateeiros de Arousa aseguraron que mentres os responsables da folga non abandonen esta actitude ata alcanzar un consenso coas agrupacións discrepantes e as industrias en cuestión, Arousa-Norte e Vilaxoán insistiron en que tampouco cederán.




