A Mesa acusa ao Club Financiero Vigo de seguir o "catecismo lingüÃstico do PP"
A Mesa pola Normalización LingüÃstica lamenta as declaracións feitas onte polos directivos do Club Financiero Vigo (CFV) en contra do uso normal da lingua galega. Segundo a asociación en defensa do idioma propio de Galiza, o documento presentado onte polo CFV baixo o tÃtulo "PolÃtica LingüÃstica. Unha visión empresarial" e aprobado pola súa xunta directiva "cáese das mans pola súa acumulación de prexuÃzos carpetovetónicos".
A Mesa informou de que se vai dirixir a todos os accionistas do CFV, entre os que se atopan administracións e empresas con capital público, para lle manifestar o seu malestar e para que lle exixan unha rectificación ao equipo directivo.
O presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica, Carlos Callón, recorda "que fomentar as linguas propias no ensino non é prexudicial para a economÃa, como claramente nolo demostran os exemplos de Euskadi e Cataluña". AsÃ, asegura, "nos últimos vinte anos melloraron o seu nivel de desenvolvemento ao mesmo tempo que afortalaron os seus idiomas propios".
"Alguén pode afirmar, sen caer no ridÃculo máis absoluto, que Cataluña ten máis dificultades económicas que outras comunidades do Estado porque alà o catalán é lingua vehicular no ensino?", engade o presidente da Mesa, quen asegura que "o desenvolvemento económico si está pexado, obstaculizado, por aqueles sectores que non cren nas capacidades do paÃs e que gastan os seus esforzos en atacar a cultura propia".
Segundo A Mesa pola Normalización, "a dirección do CFV segue ao pé da letra o catecismo do PP en materia lingüÃstica: camuflan de 'bilingüismo harmónico' a súa descarnada proposta de que o galego careza de protección oficial, menten e manipulan sobre a realidade sociolingüÃstica do paÃs, obvian o recoñecemento constitucional e estatutario do galego e pasan por alto a existencia de tratados internacionais sobre dereitos lingüÃsticos que están sendo vulnerados co galego".




