Economistas

A Mesa denuncia a vulneración dos acordos internacionais que protexen o galego

"Queremos que o pobo galego saiba que aquí se están a vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos". Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e recentemente nomeado en Gdansk (Polonia) presidente do Comité do Estado español da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), explicou hoxe en conferencia de imprensa cales van ser as liñas de traballo da organización dentro desta axencia europea: non só manter un labor de interlocución máis intenso con diferentes organismos internacionais sobre as vulneracións de dereitos lingüísticos que se cometen en Galiza, senón tamén informar aos propios cidadáns de cales son estes dereitos.

A EBLUL (siglas que se corresponden co seu nome en inglés, European Bureau for Lesser-Used Languages) é un organismo recoñecido como consultivo pola ONU, o Parlamento Europeo e o Consello de Europa.

A Mesa mantén unha liña de acción de asesoramento ao Comité de Expertos do Consello de Europa que vixía o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM). Este labor verase reforzado nos tres anos que dura o mandato presidencial do Comité de Estado do EBLUL.

Carlos Callón anunciou que se vai desenvolver un "traballo contra as actitudes de racismo lingüístico e xenofobia que están repuntando en Europa, con discursos a nivel do Estado como o do Partido Popular, que considera que hai linguas de primeira e de segunda, linguas que poden ser usadas con normalidade e linguas que non".

Outro dos obxectivos da EBLUL para os vindeiros anos é conseguir que a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, elaborada e asinada por organizacións non gobernamentais en Barcelona en 1996 entre as que se atopaba A Mesa, sexa recoñecida por unha resolución da ONU. Mantivéronse reunións con embaixadores e embaixadoras, coa esperanza de que poida haber resultados concretos antes de que finalice o ano 2008.

Esta Declaración, que foi aprobada polo Congreso dos Deputados por unanimidade, tampouco se está a cumprir en Galiza, tal e como indicou Carlos Callón. "Aquí están a vulnerarse tratados internacionais, e non se trata só dos datos da Mesa e outras organizacións galegas, tamén existen denuncias reiteradas polo propio Consello de Europa".

Callón sinalou que o Comité de Expertos deste organismo considera que en Galiza non se está a aplicar a Carta Europea das Linguas en eidos como o do ensino, non só por parte do Estado español senón do propio Goberno galego; na atención ao público, na existencia de formularios e webs públicas en galego, especialmente por parte da administración do Estado, e no eido da Xustiza, onde recordou que "tan só o 8% das sentenzas están en galego".

"Especialmente grave é o relativo á educación, onde xa o Consello de Europa indicou que no caso galego o Estado non está ao nivel dos compromisos adquiridos ao ratificar a Carta Europea das Linguas", lembrou o presidente da Mesa.

Callón tamén apuntou que ao asinar a Carta Europea das Linguas o Estado español se comprometeu a facilitar a recepción das televisións e radios portuguesas en Galiza, algo que até o de agora non é posíbel. O presidente da Mesa sinalou que "no tocante ao relacionamento con Portugal, estamos practicamente ao mesmo nivel de Murcia, porén moi por debaixo dunha comunidade como Extremadura, que non ten coma nós unha ponte como é a da lingua".

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg