Caixanova afirma que mercou R para manter a súa "galeguidade"
Fernández Gayoso descarta cambiar a sede da Coruña e continúa confiando en López Isla e Dopico para estar á fronte da operadora.
Caixanova explicou a compra dun paquete accionarial do 33,44% de R a Unión Fenosa, co que suma unha participación do 66,24%, para manter a "galeguidade" da empresa despois de que se constatou que a eléctrica "cambiou de mans" tras a OPA anunciada por Gas Natural sobre a eléctrica.
Asà o manifestou onte o presidente da entidade financeira, Julio Fernández Gayoso, quen recoñeceu que "en canto Caixanova soubo que Unión Fenosa e Gas Natural chegaran a un acordo, acendeuse a luz vermella" e "empezou a traballar" para facerse con ese paquete accionarial.
Gayoso explicou que a valoración dos expertos da caixa sobre R é "loxicamente" moi positiva, xa que a compañÃa está na vangarda das novas tecnoloxÃas e que esa apreciación levouno a "consolidar que o control de R teña o seu centro de decisión en Galicia", algo que se garante" coa operación de compra.
Asà mesmo, recalcou que a caixa "non pensa en trasladar a sede da Coruña a Vigo" porque se trata dunha operación de nivel galego e que "o futuro pasa por seguir mantendo a Honorato López Isla como presidente do Consello", asà como a Arturo Dopico -director xeral- e ao seu equipo. "Cando algo funciona ben é pecado cambialo", afirmou.
Gayoso, quen asegurou descoñecer a existencia doutras ofertas para facer esa adquisición, precisou que "non houbo moito que discutir" con Unión Fenosa sobre o prezo dese 35,44% de accións e que houbo un "entendemento rápido". Ademais, aclarou que a caixa "non pretende facerse co cento por cento do accionariado", e que a actual cota de participación dá "sobrada tranquilidade" para manter esa "galeguidade".
Por outra banda, Gayoso insistiu en aclarar que a operación de compra de R "é totalmente independente" da decisión que Caixanova tome sobre a OPA que afectou a Unión Fenosa, da que é accionista -con algo máis do 5%-, e que dita decisión farase pública máis adiante.
Segundo os datos facilitados onte, R prevé pechar o exercicio de 2008 cunha cobertura dun 60% do territorio galego, uns 228.000 clientes (dos cales máis de 41.000 son empresas), ademais de 30.000 clientes de telefonÃa móbil.
En canto a resultados económicos, a previsión é que R terá 190 millóns de euros de ingresos, un EDIBTA de 80 millóns e uns beneficios netos de 15 millóns de euros. En canto á súa débeda, que rolda os 215 millóns de euros, Gayoso sinalou que se irá reducindo paulatinamente" dados os seus beneficios e a súa boa xestión, tras cinco anos de perdas.
Touriño, Quintana e Feijóo, satisfeitos
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, valorou onte a operación realizada por Caixanova e dixo que "non cabe máis que felicitarnos, agradecer e recoñecer o esforzo importante" que fixo a entidade financeira para que R "poida quedar en Galicia".Igualmente, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, felicitou a Caixanova porque se trata dunha operación que serve de "clave para fortalecer" o tecido empresarial galego. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou a valentÃa demostrada por Caixanova, nun momento como o actual de "dificultade", pola crise económica.




