Dez operadoras e fabricantes de móbiles incorporarán o galego

A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica vai asinar esta semana un convenio de colaboración con cinco operadores de telefonÃa móbil e con outros cinco fabricantes de teléfonos para incorporar a lingua galega tanto aos menús dos aparatos como aos servizos de atención ao cliente, webs e campañas publicitarias, entre outros aspectos.
A pretensión do departamento autonómico é incorporar e normalizar o uso da lingua a un eido de importante demanda como é a telefonÃa móbil. As empresas que colaborarán na campaña serán os operadores R, Telefónica, Vodafone, Orange e Yoigo e os fabricantes Motorola, Nokia, Samsung, Sony-Ericsson e Alcatel.
O convenio contempla a implantación progresiva da nosa lingua tanto nos menús e aplicacións como nos servizos que ofertan os operadores. PolÃtica LingüÃstica facilitará apoio técnico para a tradución e asesoramento lingüÃstico na revisión terminolóxica das mensaxes.




