Galeusca, a nosa Historia facémola nós
Historiadores galegos, cataláns e vascos presentaron este martes en Barcelona o manifesto Galeusca, co que pretenden abrir unha liña de colaboración baseada nos puntos comúns que teñen as historias e as historiografÃas dos tres paÃses. O acto desenvolveuse no Museo de Historia de Cataluña nas vésperas da Diada catalá, do mesmo xeito que se presentara en Galiza no DÃa da Patria.
O acto abriuno o director do museo, Agustà Alcoberro. A continuación, o profesor Enric Pujol, da Universidade de Barcelona, leu o documento fundacional de Galeusca en catalán. Despois interviñeron representantes dos tres paÃses: UxÃo-Breogán Diéguez Cequiel, por Galiza, que é tamén o coordinador do grupo; Josu Chueca Intxusta, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Euskadi polo PaÃs Vasco, e Jordi Casassas i Ymbert, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Barcelona, por Cataluña.
Diéguez explicou que a iniciativa de crear o grupo xurdiu debido a que "nos demos conta da importancia que ten coñecer e recoñecer mutuamente as tres historiografÃas no marco europeo" e polas súas "problemáticas comúns", polo que "pensamos botar a andar tamén programas comúns". Deste xeito, efectuaranse encontros e seminarios para facer balance da situación das tres historiografÃas e desenvolveranse liñas de investigación sobre o pasado das nosas respectivas nacións".




