Economistas

Touriño anuncia que Galicia terá este ano, novamente, "os mellores orzamentos da historia da Comunidade" que "nos deben permitir seguir avanzando e facer realidade os grandes cambios de infraestruturas"

"Galicia terá este ano, como resultado do compromiso de dous Gobernos, do Goberno de España e o Goberno de Galicia, de todos e de todas, novamente, os mellores orzamentos da historia da comunidade". Así o asegurou este mediodía o titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, quen salientou que "poucos presidentes, eu creo que ningún de comunidade autónoma, poderá dicir a estas alturas que temos xa a garantía de que Galicia volverá a ter o orzamento que precisa para seguir dando ese salto adiante".

Na súa intervención esta mañá en Sarria, onde visitou xunto coa conselleira de Política Territorial as obras da vía de alta capacidade Nadela-Sarria-Monforte, o presidente da Xunta insistiu en que Galicia xa ten o compromiso "pechado para ter de novo ese esforzo investidor do 8 por cento do orzamento do Estado", algo moi importante, explicou, se temos en conta que tan só achega o 6 por cento da poboación e o 5 por cento do PIB. "É dicir, un esforzo de reequilibrio, de cohesión sen precedentes na historia da comunidade que o imos volver a ter, uns grandes orzamentos que nos deben permitir seguir avanzando e facer realidade os grandes cambios de infraestruturas e seguir materializando as políticas sociais que a situación de crise económica demanda", aseverou Touriño ao respecto.

A Galicia que progresa e avanza
Na súa intervención, o máximo mandatario galego tamén aludiu a esa Galicia "que progresa e que avanza, que se transforma". Neste aspecto, referiuse a que o responsable da oposición, Alberto Núñez Feijóo "emprendeu un mal camiño", o "ir por Galicia adiante negando a evidencia, o que -indicou Touriño-, sempre dá mal resultado e nunca conduce a ningún lado". "Porque os cidadáns dun país democrático, maduro e avanzado, perciben a realidade por moito que se lle queira enganar e dicir o contrario", asegurou Touriño lembrándolle a Feijóo que "non se pode vir a Sarria, vir a Monforte, vir a percorrer Lugo e negar a evidencia dun país que co esforzo dos galegos e das galegas está avanzando, progresando e tendo a maior transformación da súa historia". Ou "ir á Costa da Morte e dicir que acabamos de presentar un Plan de Acuicultura que deixa a Costa da Morte abandonada cando a realidade é que hai sete implantacións de acuicultura co novo Plan de Acuicultura na Costa da Morte", proxectos que crearán máis de 800 postos de traballo e significan un investimento de máis de 90 millóns de euros".

"Polo tanto, e quero dicilo con tranquilidade, cordialidade, e cun sorriso, que non se pode negar a evidencia e que creo que hai que pasar a ter unha actitude positiva e construtiva", recalcou o presidente galego.

Vial Nadela-Sarria, en servizo este mesmo ano
Durante a súa visita ás obras da vía de alta capacidade Nadela-Sarria-Monforte, no que se invisten 230 millóns de euros, o titular da Xunta avanzou que as obras do vial entre Nadela e Sarria estarán rematadas en breve polo que, esta infraestrutura entrará en servizo neste mesmo ano.

Segundo explicou o máximo mandatario autonómico e a propia conselleira de Política Territorial, na actualidade as obras están "en plena execución" para que a infraestrutura entre Lugo, Nadela e Sarria sexa unha realidade en 2008 e así poñerlle "remedio á situación de atraso e de déficit histórico no proceso de vertebración e comunicación interna no país". Tal e como precisou María José Caride, os dous primeiros treitos do vial de alta capacidade xa estarán en servizo no mes de novembro, mentres que no terceiro se está a traballar intensamente para que tamén estea en marcha este mesmo ano.

Segundo resaltou Touriño, esta infraestrutura está deseñada como "un proxecto de futuro, xa que, logo de escoitar as demandas e analizar as circunstancias, o actual Goberno galego decidiu que este vial estivese preparado para un futuro desdobramento, cando as necesidades de tráfico así o requirisen, incrementando para isto o orzamento neste treito entre Lugo e Sarria, en 11 millóns de euros.

"E estamos dándolle continuidade ao corredor para chegar a Monforte", asegurou Touriño, lembrando que a primeira parte desta actuación está a punto de ser adxudicada, "o 8 de outubro ábrense as plicas e adxudicaremola con carácter inmediato" para iniciar xa as obras. Respecto dos treitos restantes, Touriño sinalou que os seus proxectos construtivos están "practicamente ultimados e listos para ser licitados".

O presidente da Xunta considerou que será unha infraestrutura que ofertará un nivel de accesibilidade, de comunicación e de permeabilidade a este territorio "extraordinario". Tamén explicou que este novo eixe de comunicación Nadela-Sarria, terá tres enlaces fundamentais: Sarria Norte, Sarria Centro e Sarria Sur, que é a circunvalación de Sarria, que tamén forma parte desta actuación, máis a outra que complementa á mesma e que permitirá que no verán de 2009 estea tamén en servizo o que é propiamente a variante de Sarria, sinalou.

Accesibilidade co territorio peninsular
Con esta infraestrutura, segundo relatou Touriño, o Goberno galego pretende establecer un eixo de comunicación interior que conectará cara ao norte, coa Autovía A-6 e a Autovía do Cantábrico, "abrindo todo o interior de Lugo e Ourense cara os tráficos internacionais e os portos do ámbito norte"; e cara o sur interconectará en Monforte coa nova Autovía A-76, Ponferrada-Monforte-Ourense, que xa ten o estudo informativo a exposición pública.

Deste xeito, Galicia convértese nunha comunidade autónoma que contará con catro autovías de comunicación "dunha potencia extraordinaria" co resto de España e cos tráficos internacionais. Primeiramente, a Autovía do Cantábrico, da cal en 2004 non había "nin un só treito en obras", e que agora, en breve se vai abrir o treito entre Reinante e Barreiros, o que permitirá que o 40 por cento desa autovía na parte galega entre en servizo e o resto totalmente en obras. Por outro lado, as dúas grandes autovías de interconexión coa meseta, a A-6 e a A-52; e agora este novo acceso central, a A-76, Ponferrada-Monforte-Ourense, que conectará e vertebrará o eixo central.

"Galicia progresa e avanza e é o resultado conxunto de toda a cidadanía e de todas as administracións", indicou Touriño lembrando ese gran eixo que está en construción e que une a Galicia interior: a autovía de Ferrol a Vilalba, que interconectará coa autovía do Cantábrico e tamén coa que vai a Madrid; a autovía entre Lugo e Ourense, libre de peaxe, xa iniciada e en execución; unha comunicación que ao chegar a Ourense, dende aí, irá ata Verín, ata Chaves, conectándose, finalmente, con Portugal. "A ponte internacional poñerémola en servizo este ano e o ano seguinte estará totalmente operativa a interconexión entre Verín e a fronteira Portuguesa", engadiu Touriño ao respecto referíndose ademais ao vial de alta capacidade entre Ourense-Celanova-fronteira portuguesa. Todo un conxunto de infraestruturas que, segundo subliñou, contribuirán a vertebrar o territorio e continuar a aposta polo reequilibrio territorial.

Durante a súa visita a Sarria, o titular do Goberno galego e a conselleira de Política Territorial aproveitaron para realizar un percorrido polo municipio e asistir á Romaría da Nosa Señora dos Remedios.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg