Economistas

A Mesa denuncia preto de 200 casos de vulneración dos dereitos lingüísticos na cidade da Coruña

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña fixeron hoxe balance dos primeiros dez meses de funcionamento no ámbito municipal da Liña do Galego. Este servizo que coordina A Mesa, e que funciona en toda Galiza, ten como obxectivo velar polos dereitos lingüísicos da cidadanía, que se pode dirixir á asociación para lle facer chegar consultas sobre cales son estes dereitos, queixas no caso de que sexan vulnerados e mesmo enviar parabéns a aquelas empresas que deron pasos na inclusión do galego.

Segundo a concelleira de Normalización, Ermitas Valencia, a sistematización destes datos serve de "termómetro" para avaliar o funcionamento da propia Concellaría, grazas ao compromiso da Mesa de ofrecer informes periódicos sobre a utilización da Liña do Galego.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, sinalou que se trata dunha ferramenta "útil e innovadora" no caso da nosa lingua e que servirá para presentar informes tamén ante institucións internacionais como o Consello de Europa. Desde a entrada en funcionamento da Liña do Galego, no ámbito municipal da Coruña abríronse un total de 25 expedientes de consultas, 9 de parabéns e 181 de queixas.

Moitas das consultas foron en relación coa entrada en vigor do novo decreto do ensino non universitario e tamén coa galeguización de nomes e apelidos. Ademais, segundo Carlos Callón, "algunhas das consultas foron de persoas que queren dar a coñecer casos de discriminación mais que non se atreven a dar o paso de presentar unha queixa pola especial vulnerabilidade das súas situacións". Neste sentido, aclarou que "aínda que a Liña non tramita solicitudes anónimas, garante sempre a estrita confidencialidade dos datos persoais achegados".

Dentro destes casos, que poderían pasar a tramitarse como queixas nos vindeiros días, atópanse o dunha xinecóloga que exixía á súa paciente falar en castelán para ser atendida e o doutra persoa á que lle indicaron nunha entrevista de traballo que se falaba galego non ía ser contratado.

En canto aos 181 expedientes de queixa, o presidente da asociación en defensa da lingua salientou o caso da imprenta Porvén, que "engadía un sobreprezo aos traballos impresos en galego, mesmo cando os interesados entregaban o texto a imprimir", unha discriminación que a empresa accedeu a corrixir.

Tamén hai unha queixa que atinxe ao Hotel Avenida, no que lle indicaron a un cliente que o poderían atender en español e mesmo en inglés, mais non en galego, e o xa denunciado publicamente caso do Carrefour, no cal un xefe de sección se dirixiu a unha empregada galegofalante coa frase "Burra, no hables lenguas menores". Afortunadamente, a empresa xa anunciou que ía tomar medidas para que situacións deste tipo non se volvan producir.

Por sectores, chama a atención que 109 das queixas son relativas ao Concello da Coruña. Fronte a este dato negativo, Callón salientou que "é un paso adiante que moitos veciños sexan conscientes dos seus dereitos e reclamen a mudanza por parte da administración municipal". O uso de toponimia deturpada, a exclusión do galego en páxinas web dependentes do Concello e a falta de atención ao público no noso idioma centran boa parte das reclamacións presentadas polos cidadáns.

Outras 6 queixas son referidas á administración galega con sede na cidade, e 3 á administración periférica do Estado. Segundo o presidente da Mesa, "isto non quere dicir que se cumpra máis a lei nun eido ou noutro, senón que moitas veces os cidadáns non son conscientes do dereito a seren atendidos en galego por parte da Administración do Estado".

A Xustiza centra catro queixas, e a Sanidade cinco, destacando o caso especialmente grave do Hospital Modelo da Coruña, xa denunciado publicamente. Unha pediatra deste centro exixiulle a un menor de idade que non se dirixise a ela en galego para ser atendido.

No eido do ensino rexistráronse 28 queixas, e, no caso de empresas privadas foron 19 os expedientes que se abriron. Callón negou que se tramitaran casos de comercios que non rotulan en galego "porque, até o momento, o noso é o único idioma do Estado que carece dunha regulación que impida a súa exclusión neste sector" e sinalou que "mesmo durante os anos de goberno do PP nas Illes Balears existía unha lei que indicaba iso". "Parece que para o PP o galego non é só unha lingua de segunda a respecto do castelán, senón tamén do catalán e do vasco, polo seu xeito de actuar de forma diferente nuns e noutros territorios".

O presidente da Mesa denunciou a utilización política que o Partido Popular da Coruña, con Carlos Negreira á fronte, lle está dando ás cartas nas que A Mesa informa ás empresas e institucións sobre as queixas recollidas pola asociación, nas que se lle informa sobre a legalidade vixente en materia lingüística e se lles solicita que adopten medidas.

"Estas misivas, que van sempre perfectamente identificadas co carimbo da Mesa e asinadas por min como presidente da asociación, en ningún momento entran no campo semántico da coacción nin da ameaza, simplemente se informa de que non se pode incumprir a lei nin discriminar a ninguén por falar en galego". Ao que engadiu que "a maioría das leis ás que nos referimos nas cartas foron aprobadas polo goberno de Manuel Fraga (por exemplo, a que regula o uso do galego nas Cámaras de Comercio) ou durante outros mandatos do seu partido (como é o caso da Lei de normalización lingüística)".

"Se Carlos Negreira está de acordo en discriminacións lingüísticas como que unha imprenta cobre máis por imprimir en galego ou que a alguén o rexeiten nun posto de traballo por falar galego, que o diga claramente", concluíu Carlos Callón, que demandou do voceiro do PP coruñés "que deixe de lanzar inxurias contra A Mesa que non se corresponden coa realidade".

Os casos denunciados hoxe son só aqueles dos que A Mesa tivo coñecemento, unicamente unha pequena mostra das situacións diarias de vulneración de dereitos lingüísticos en Galiza e no ámbito municipal da Coruña. Por iso, a conferencia de imprensa finalizou cun convite á cidadanía a que utilice a Liña do Galego, un servizo gratuíto dispoñíbel a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo electrónico linhadogalego@amesanl.org.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg