Concello de A Coruña: A nova web de Urbanismo fomenta a transparencia e o acceso online aos contidos e servizos

A tenente de alcalde responsable da área municipal de Urbanismo, Mar Barcón, presentou o seu novo portal web sectorial de urbanismo (www.coruna.es/urbanismo) que nace co obxectivo de facer partícipe a cidadanía na xestión urbanística así como nos procesos postos en marcha para a planificación da evolución e do desenvolvemento da cidade. O novo portal únese ao sitio creado para ofrecer toda a información sobre a revisión do Plan Xeral da cidade, que recibiu xa un total de 5.034 visitas, das que case 3.000 foron de usuarios residentes na Coruña.
Entre algúns dos novos servizos e contidos dos que dispoñerá a cidadanía encóntrase o de cita previa para consulta cun técnico, consulta e realización de trámites, consulta de anuncios de licitación, descarga de impresos oficiais, consulta de planos e planeamento histórico, normativa e ordenanzas urbanísticas.... Preténdese ademais contribuír ao entendemento dos procesos urbanísticos para o que se ofrece tamén un dicionario e preguntas frecuentes que aclaren conceptos e preguntas como: que é unha norma zonal?, en que consiste un plan parcial?, que é o aproveitamento dunha parcela?, que trámite teño que seguir? etc.
Este novo portal, que se une á web temática da Revisión do Plan Xeral, permite consultar toda a información do planeamento urbanístico vixente ou en fase de exposición pública, todos os asuntos urbanísticos que se remitiron ao pleno ou xunta de goberno para a súa aprobación ou os indicadores de xestión da concellería. A publicación de toda esta información a través de Internet contribúe a elevar o nivel de transparencia na xestión urbanística nas que A Coruña (segundo un recente informe publicado pola ONG Transparencia Internacional sobre transparencia urbanística nos Concellos españois) estaba xa nos postos de cabeza.
A información publicada liberarase ademais para o seu libre uso e reutilización, contribuíndo así á xeración de novos contidos e servizos dixitais urbanísticos por terceiros.
Para a definición dos contidos deste portal, o Concello fixo partícipes a diferentes sectores sociais e profesionais, quen a través dunha serie de enquisas, contribuíron a identificar as necesidades de información e servizos telemáticos municipais que a cidadanía e as entidades demandan.
Este portal web está enmarcado dentro do Programa de Modernización do Urbanismo que están a acometer conxuntamente as Áreas de Urbanismo e de Planificación (a través do Departamento de Innovación Tecnolóxica), e cuxa finalidade é achegar a administración á cidadanía a través da administración electrónica, incrementar a calidade e transparencia do servizo público que se presta, así como introducir melloras na xestión mediante o TIC. Así entre as accións en marcha, e que verán a luz nos próximos meses, están o despregamento completo dos servizos telemáticos de tramitación urbanística, consulta de expedientes a través de internet ou móbil, un visor de mapas do planeamento urbanístico (proxecto Urbanismo En Rede) e outros servizos.
Mapa do portal sectorial de urbanismo
(Aínda que hai diferentes maneiras de chegar aos contidos esta é a estrutura principal da páxina web).
Área municipal
Benvida da concelleira
Concellería
Organigrama e funcións
Departamentos
Atención ao público
Memorias de xestión
Novas e actuacións urbanísticas
Notas de prensa
Especiales
Información e normativa
Planeamento vixente
Normativa
Ordenanzas
Trámites
Exposición pública
Asuntos remitidos a Xunta de Goberno Local ou Pleno.
Dicionario urbanístico
Servizos/Oficina virtual
Impresos oficiais
Trámites
Contratos menores. Anuncios de licitación
Cita previa
Enlaces de interese
Preguntas máis frecuentes
Historia
Planos históricos
Planeamento antigo




