Economistas

A receita electrónica: un gran avance no sistema integral de asistencia sanitaria

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que a posta en marcha da receita electrónica supón un gran avance na creación dun sistema integral de asistencia sanitaria, modelo no que traballa o Goberno galego para "impulsar e mellorar a calidade asistencial sistema público de saúde". O máximo mandatario autonómico, xunto coa conselleira de Sanidade, María José Rubio, presidiu esta mañá en Miño a posta en marcha do Sistema de Dispensación da Receita Electrónica, unha ferramenta que, segundo avanzou, permitirá incrementar nun 30% "o tempo dispoñible para "a atención médica directa dos pacientes".

Pérez Touriño destacou a importancia de contar cun soporte informático "que integre todos os pasos do sistema", o que permitirá, dixo, "gañar en calidade, en operatividade, e en eficacia". Nese sentido, puxo en valor a colaboración co Servizo Galego de Saúde dos colexios de farmacéuticos das catro provincias, así como das empresas de tecnoloxías da información implicadas na e-receita.

O titular da Xunta resaltou que a receita electrónica, que xa se dispensa nas tres oficinas de farmacia de Miño, e a semana que vén empezará a utilizarse en Salceda de Caselas ata chegar a 45 concellos neste ano, reporta múltiples beneficios para todos os implicados. Así, en relación cos pacientes, o presidente da Xunta salientou que "os enfermos crónicos, e polo tanto con pluralidade de medicación, eviten desprazamentos para buscar receitas", xa que o sistema permite dispensacións por un máximo anual, "que despois o médico regula". Pérez Touriño indicou que deste xeito "se gaña en tempo, comodidade e seguridade".

En declaracións ao medios, o xefe do Executivo galego salientou que a receita electrónica "integra todos os puntos do sistema", tanto a rede de farmacia como os centros de distribución, os centros de saúde e os hospitais. Indicou que a e-receita se integra dentro da historia clínica electrónica, que en Galicia "é a máis completa de todas as Comunidades Autónomas". Coa incorporación da receita electrónica, a historia clínica disporá, asegurou o presidente da Xunta, "dunha información completa, integral e veraz que dá seguridade e operatividade, ao tempo que reduce os tempos e mellora eficacia". Nese sentido, apuntou que as oficinas de farmacia poderán contar agora cunha "capacidade de xestión, de manexo de stocks e de reposición da que antes carecían".

O presidente galego informou de que o Goberno galego prevé que ata finais deste ano se dispensen 300.000 receitas electrónicas ao mes, logo da implantación progresiva do sistema en 45 concellos e 165 oficinas de farmacia. En total, calcúlase que 220.000 galegos poderán beneficiarse xa da receita electrónica antes de rematar o ano.

Vantaxes da receita electrónica

O sistema de dispensación da receita electrónica prevé vantaxes para todas as partes implicadas: tanto para os pacientes, como para os familiares, os coidadores, os farmacéuticos, os colexios oficiais de farmacéuticos e os médicos.

No caso concreto da poboación, este sistema permite: reducir os trámites aos pacientes crónicos, que poderán acudir directamente á oficina de farmacia para que lle dispense a súa medicación, sen necesidade de volver ao médico para novas receitas, podéndose prescribir medicación ata para un ano de duración; facilita a xestión de receitas en pacientes polimedicamentados, evitando a perda de receitas; mellora a calidade da atención sanitaria, con máis garantías no seguimento do paciente; e reduce os desprazamentos e o número de visitas para renovar receitas.

Con este sistema, ademais, o médico dispón dun 30% máis de tempo para dedicar ao diagnóstico e ao tratamento dos pacientes, coa conseguinte desconxestión dos centros e mellora da calidade asistencial. Así mesmo, a nova medida permite coñecer de inmediato o historial fármaco-terapéutico do paciente e a resposta aos tratamentos, facilita a toma de decisións e incrementa a seguridade no uso dos medicamentos, ao explicitarse os diferentes tratamentos que está seguindo o paciente; as posibles interaccións entre medicamentos; cales son as doses recomendadas en relación ao peso e á idade; os riscos ou precaucións para embarazadas, nais en período de xactancia, deportistas...; se existe un historial de intolerancia ou de alerxia aos medicamentos; se existe algunha situación de alerta farmacolóxica; ou se a medicación está sendo recollida na farmacia con regularidade. Así mesmo, o sistema de receita electrónica achega novas canles de comunicación entre os profesionais, médicos e farmacéuticos, que permitirá solucionar, de xeito inmediato, problemas puntuais que se puidesen presentar. De igual xeito, o rexistro de datos permite realizar a facturación das receitas de xeito electrónico, simplificando o procedemento actual ao reducir a burocracia.

Por último, a receita electrónica tamén supón vantaxes para o Servizo Galego de Saúde e para os Colexios Oficiais de Farmacéuticos, dado que potencia o uso racional dos medicamentos; anticipa a información da prestación farmacéutica sen necesidade de esperar á facturación; simplifica o proceso de facturación; reduce a burocracia e mellora a transparencia; integra o acto farmacéutico na rede sanitaria; reduce anulacións e incertezas ante substitucións entre medicamentos e incrementa a aproximación ao paciente.

Plan de Tecnoloxías da Información e Comunicación da Sanidade

A prescrición e dispensación electrónica de medicamentos recóllese no Plan de Tecnoloxías da Información e Comunicación da Sanidade Galega 2006-2009, que é a ferramenta de innovación para optimizar a xestión dos centros e prestar á cidadanía uns servizos sanitarios de calidade.

O plan conta cun investimento de 150 millóns de euros e inclúe, ademais do sistema de prescrición e dispensación electrónica, o Rexistro Galego de Tumores (REGAT); a Historia Clínica Electrónica Única (IANUS), implantada en todos os hospitais e en 365 centros de saúde, con máis de 3.500 profesionais acreditados, que é un elemento de conexión entre Atención Primaria e Especializada, que permite consultar e rexistrar a información, independentemente do centro sanitario onde se xere; e a imaxe médica dixital, que xa está dispoñible en 10 hospitais, o que supón o 70 por cento da imaxe xerada, con 4 millóns de estudos dixitalizados.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg