Dúas mellor que unha
Touriño tacha de "ridÃculo" e "anacrónico" que se inventen conflitos lingüÃsticos en Galicia porque a maiorÃa dos cidadáns quere "un galego vivo e operativo". O deputado do BNG expulsa o do PP da Comisión de Cultura por desobedecelo e negarlle o dereito a usar o topónimo Galiza.
Fronte á "suposta batalla entre galego e castelán" que algúns tratan de instaurar en Galicia, o galego é un factor de unidade e de identificación colectiva do paÃs, comparable á RÃa de Vigo, á Catedral de Compostela ou á Costa da Morte. Esa é a tese que defende o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Convencido de que é "un pouco ridÃculo e anacrónico que algúns se dediquen a inventar e avivar un inexistente conflito" entre ambos os idiomas, Touriño deixou claro que "a elección son os dous".
O presidente galego fixo esta afirmación tras asistir onte en Vigo á firma dun convenio entre a Xunta e a Asociación Clúster do Naval de Galicia (Aclunaga), para potenciar o galego no sector, un acto no que tamén participou a secretaria xeral de PolÃtica LIngüÃstica, Marisol López.
En Galicia, existe un "amplÃsimo" consenso social arredor da lingua", porque a "inmensa maiorÃa" dos galegos, sen distincións ideolóxicas, polÃticas ou sociais, quere que o galego sexa un idioma "vivo e operativo, presente e normalizado en todos os ámbitos da vida do paÃs".
O galego, subliñou, precisa apoios e esforzos dos que, "afortunadamente" non necesita o castelán, e recordou que as concepcións centralistas de España situaron o idioma propio de Galicia nunha situación "anómala" de "inferioridade e de falta de recoñecemento".
Ao seu xuÃzo, "son moi poucos" os que queren converter o idioma "nunha división infranqueable, nunha ferramenta para a disputa ou nunha segregación educativa e social". E por iso, "como galegos sensatos, non podemos mostrarnos indiferentes ante o presente e o futuro" da lingua galega.
O obxectivo do seu goberno, dixo, é conseguir que as xeracións que estudan hoxe educación infantil, primaria e secundaria sexan as primeiras plurilingües da historia de Galicia e apostou por que saiban desenvolverse en castelán, galego e noutro idioma estranxeiro. O verdadeiro debate é o plurilingüismo, e non unha "suposta batalla" que a "convivencia cidadá desmente diariamente".
Finalmente, recordou que tanto a Constitución Española como o Estatuto de AutonomÃa refÃrense á "cooficialidade" do galego, polo que deberá de garantirse a igualdade dos cidadáns, "sen discriminacións por cuestións de lingua".





Comentarios
Touriño repartiu en Barreras paus a un lado e a outro. E fixo ben. Moitos estamos fartos tanto dos Galicias pilinguis como dos inquisidores da Mesa.
Publicado por: Moncho das Airas | Outubro 30, 2008 12:57 AM