Haberá despidos colectivos no sector do automóbil galego
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, recoñeceu onte en Lugo que "seguramente" non será posible evitar algúns dos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) no sector da automoción en Galiza, pero si expresou a súa confianza en que se poidan minimizar.
Recordou o recente acordo entre empresarios e sindicatos para impulsar o "foro do automóbil", no que se poida facer unha análise e seguimento da crise do sector. "Iso -dixo- debe posibilitar que as prácticas de regulación das xornadas teñan un menor impacto sobre o emprego".
Varela explicou que unha das pretensións é que as prácticas de regulación e flexibilización das xornadas que están "ben implantadas" nunha empresa motriz como Citroën se trasladen tamén ás empresas auxiliares para que non se teña que recorrer ós ERE.
A pesar de todo, Varela tamén quixo deixar claro que os ERE son "mecanismos de alivio" que permiten que unha empresa en situación de dificultade se vexa afectada parcialmente e non na súa totalidade. "Son mecanismos (os ERE) de descompresión que deben ser utilizados cando é imprescindible, aÃnda que nós dicimos que deben de constituÃr o último recurso e previamente traballar a través dos mecanismos de redución de xornadas", remarcou.
O titular de Traballo reiterou que Citroën ten unha diminución de entre o 15 e o 20% da súa produción e entre o 20 e o 25% o resto da automoción de España que, á súa vez, supón o 60% das empresas auxiliares asentadas en Vigo, das que o 40% da súa produción vai destinada a Citroën, o 30% a empresas de ámbito nacional e o 30% restante a empresas de fóra de España.
O Goberno "mirará con lupa" o ERE de Telefónica
O ministro de Traballo, Celestino Corbacho, expresou onte a súa oposición ó expediente de regulación de emprego que quere aplicar Telefónica para uns 700 traballadores maiores de 48 anos mediante prexubilacións voluntarias e afirmou que o imos mirar con lupa de dobre aumento".




