'Os expedientes da Mesa': Non nos calarán!
Asistimos estupefactos a unha campaña de demonización e criminalización da Mesa pola Normalización LingüÃstica; unha campaña baseada en mentiras e manipulacións para caricaturizar esta entidade como unha disparatada organización mafiosa que ameaza a quen non utilice o galego.
Fronte a estas inxurias, a realidade é que A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza en número de afiliados e afiliadas, que traballa desde hai 22 anos en incorporar o galego a novos ámbitos e sensibilizar á sociedade, mais tamén para reaccionar contra as vulneracións de dereitos lingüÃsticos e contra as discriminacións polo feito de utilizar o galego. É tamén membro do EBLUL, organismo promovido polo Parlamento europeo e que ten o rango de entidade consultiva deste mesmo Parlamento, do Consello de Europa e da ONU.
Esta asociación leva anos reaccionando contra as discriminacións lingüÃsticas, asesorando ás persoas que queiran coñecer os seus dereitos á hora de usar ou recibir información en galego, asà como felicitando ás diferentes empresas ou institucións que dan pasos adiante no uso do idioma propio. Desde hai uns meses, todo este traballo sistematizouse, ordenando cun número de expediente cada queixa, consulta ou parabén. Todos estes expedientes son verificados e, aÃnda que se garante sempre a confidencialidade da persoa que os achega, nunca se tramitan queixas anónimas.
Grazas a esta sistematización do traballo, a comezos de cada ano poderase presentar un detallado relatorio sobre a situación da lingua en Galiza, que se remitirá tanto ás principais institucións galegas como estatais e europeas.
Non é ningunha novidade que A Mesa reclame que se aplique a lexislación e os tratados internacionais sobre dereitos lingüÃsticos. Tampouco é novidade que se organicen como expedientes informes anuais deste tipo, do mesmo xeito que o fan outras asociacións ou fundacións dentro do Estado desde hai moitos anos.
Hai grupos de poder que desexan que non se garanta o dereito de poder vivir en galego en Galiza. Sen escrúpulos, lanzan campañas de criminalización como a que agora está a padecer A Mesa. Que o continúen a tentar, porque A Mesa vai seguir aÃ. Non nos calarán!
Carlos Callón




