Economistas

A campaña da Mesa "Tes dereito a unha atención en galego" animará á cidadanía a solicitar ser atendida na nosa lingua

bandeiragalega-260-172.jpg

O Concello de Ames será o primeiro do país en difundir esta iniciativa, que aposta por pedir "cun sorriso" a comunicación no idioma de Galicia.

A Mesa pola Normalización Lingüística e o Concello de Ames presentaron esta mañá no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) a campaña "Tes dereito a unha atención en galego", na que colaboran ambas entidades co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía o seu dereito a ser atendida oralmente en galego en calquera administración ou empresa pública, tanto presencialmente como nas xestións a través do teléfono.

O Concello de Ames é o primeiro de Galiza en pór en marcha esta campaña, que se vai estender a outras administracións nas vindeiras semanas, tal e como salientou na presentación o presidente da Mesa, Carlos Callón, que estivo acompañado no acto polo concelleiro de Cultura de Ames, Francisco Villaverde. Este explicou que o Concello vai difundir 3.000 folletos nas distintas oficinas desta administración local.

Tanto Callón como Villaverde salientaron a idea de que os cidadáns teñen non só dereito a falar en galego, senón tamén a que o traballador ou traballadora que os atenda tamén lles responda nesta lingua.

O presidente da Mesa explicou que "é un dereito da cidadanía que a Administración ten obriga de garantir, porque o galego é a lingua propia de Galiza e debe ser oficial a todos os efectos" ao que engadiu que "calquera persoa debe ter garantido o dereito a poder desenvolver a súa vida en galego".

Segundo afirmou Callón, "ademais da veciñanza, tamén son destinatarios os traballadores e traballadoras destas entidades que teñen que garantir este dereito da cidadanía". Sinalou que moitas veces nas que a atención ao público non se produce en galego "non é por falta de interese, senón por causa das inercias que moitas persoas teñen interiorizadas". Nese sentido o concelleiro de Cultura falou de que "coa posta en marcha desta iniciativa preténdese pouco a pouco rachar con esa tendencia, tanto concienciando ao funcionariado do seu deber de atender en galego como informando á veciñanza do seu dereito de ser atendidos nesta lingua".
Nos folletos e cartaces da campaña recoméndase aos uusarios e usuarias pedir cun sorriso a atención na nosa lingua "no caso de non nos atenderen inicialmente en galego". "Esta solicitude pode acompañarse, se for oportuno, do recordatorio de que se trata dun dereito amparado pola lexislación (a lei 7/2007)", explicou o presidente da Mesa.

"Se a traballadora ou o traballador da Administración ou da empresa pública pasa a falarnos en galego, cómpre agradecerlle a súa amabilidade cando finalicemos a nosa xestión", indícase nos folletos.

Entre os consellos aos cidadáns que queiran facer as súas xestións en galego, destaca o de non perder en ningún momento o sorriso, en torno ao cal se centra o deseño gráfico da campaña.

"Se mesmo despois de o solicitarmos non podemos continuar coa xestión en galego, o mellor é non entrarmos en discusións de ningún tipo nin perder os nervos ou o tempo. Trátase simplemente dun dereito e de que hai que aplicar a Lei", indican os folletos que van a comezar a distribuírse no Concello de Ames.

Como solución, explícase que "unha opción é solicitar que nos atenda outro traballador ou outra traballadora que si saiba galego. Se iso non for posíbel ou implica tempo de agarda ou algunha outra dificultade, podemos continuar coa xestión e, posteriormente, realizar unha queixa por escrito na Administración ou empresa correspondente".

Ademais, neste caso pódese chamar á Liña do Galego no 902 10 64 74, un servizo de recepción de queixas sobre vulneración de dereitos lingüísticos que ofrece A Mesa, tamén dispoñíbel no correo elecrónico linhadogalego@amesanl.org. Informando a este servizo sobre o sucedido, poderanse tomar as medidas para que o conxunto da Administración e das empresas públicas respecten este dereito.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg