Economistas

"As nosas medidas fronte á crise anticípanse ás aprobadas onte pola UE"

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou onte que as medidas que está a tomar o Goberno galego para paliar a situación de crise e, en especial, a caída da demanda no sector do automóbil, se anticipan e van na mesma liña que as acordadas onte pola Comisión Europea.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o máximo mandatario galego destacou que hoxe mesmo, na súa xuntanza semanal, o Goberno que preside autorizou o acordo para a sinatura dos convenios de colaboración entre a Consellería de Traballo e as empresas do sector da automoción. Trátase dun investimento total de 10 millóns de euros, e dunha contía máxima por convenio de 400.000 euros, destinado a aquelas empresas que sufran unha parada obrigada da súa produción para que impartan, durante este período de paro, formación especializada aos traballadores.

É, segundo relatou Pérez Touriño, "unha medida innovadora, pioneira, que vai na dirección do que onte aprobaba e presentaba como plan a Comisión Europea".

"Ao final, a UE plantexa un paquete de orientación política e de medidas que xustamente coinciden coas que vén tomando a Xunta de Galicia aínda que algúns non vexan máis que elementos para a crítica", aseverou o máximo mandatario galego.

Pérez Touriño explicou que as accións tomadas pola Unión Europea teñen por obxectivo "fortalecer, apuntalar as empresas e o emprego" e van na dirección da "empregabilidade e a formación"; medidas de axuda ás empresas, nas que se recollen as de compoñentes, unhas axudas nas que, segundo indicou Touriño, "aquí, en España, está xogando o ICO e no ámbito europeo o fará o BEI"; medidas na dirección das infraestruturas; e medidas de fomento do I+D. Un conxunto de actuacións que, en palabras do presidente galego, mobiliza "recursos propios por valor de 30.000 millóns de euros".

Medidas acordes co Plan integral do automóbil

Así mesmo, o máximo mandatario autonómico tamén destacou que as medidas postas en marcha polo Goberno que preside se anticipan e son acordes coas que recollerá o futuro Plan integral do automóbil, que se presentará no vindeiro mes de xaneiro e que foi abordado na xuntanza celebrada o pasado martes en Santiago de Compostela entre as comunidades autónomas con plantas de automoción e o Goberno español, encabezadas polo ministro de Industria, Turismo e Comercio.

Segundo indicou Pérez Touriño, o plan recollerá aspectos no terreo sociolaboral, eido no que "a Xunta de Galicia é a primeira que se anticipa en España a tomar esas medidas, que xustamente configura agora nun marco máis amplo a Unión Europea, co Fondo social europeo, a formación e a empregabilidade"; medidas de apoio financeiro ás empresas -nas que a Xunta "se volve anticipar sendo a primeira comunidade e o primeiro Goberno de España que toma medidas utilizando créditos ICO e que agora Europa utiliza créditos BEI para financiar directamente a pequenas e medianas empresas para que lle chegue o capital circulante e liquidez", explicou Touriño-; e medidas no ámbito tecnolóxico, no I+D e no cambio de modelo, para gañar en competitividade e produtividade. "E aí -engadiu o titular da Xunta-, entran proxectos de medio alcance como a fabricación do vehículo eléctrico". "Ese é o futuro, a perspectiva", aseverou rexeitando as críticas que se produciron neste sentido e lembrando que a propia Unión Europea confirma no seu plan "xustamente ese proxecto".

Medidas globais e respostas coordinadas

O presidente Xunta insistiu en que estamos ante a primeira "gran crise económica global" e por iso precisa de respostas globais e coordinadas.

"A tese que impulso desde o primeiro momento e que creo que comparten todos os dirixentes políticos, no ámbito europeo e mundial, é que as medidas teñen que ser globais, coordinadas, concertadas; que son compatibles as respostas no ámbito rexional, autonómico, local, pero hai que concertar e integrar esas medidas na mesma dirección para gañar en potencia e en intensidade" fronte a crise, aseverou Touriño.

"Estamos entre todos, os que estamos en disposición de traballar e remar na mesma dirección, e aí temos que estar todos, é fundamental que esteamos todos, buscando solucións e non creando problemas", engadiu o máximo mandatario galego ao respecto aseverando que "queremos formar parte da solución e nunca do problema". "Esa é a vocación do país e debe ser a vocación e o compromiso de todos", sinalou.

Emilio Pérez Touriño lembrou que non hai "variñas máxicas" senón que o único camiño, "o que estamos tomando desde o primeiro día, é buscando respostas, solucións, anticipando, coordinando e tratando de salvar o túnel da crise".

Fronte a isto, contrapuxo a actitude do Partido Popular e dixo que é difícil entender a súa actitude de "colocarse á contra de todo". "Non se poden facer trampas no solitario", indicou Touriño lembrando que o PPdeG pregunta polo mal que vai a situación e non polas solucións que se poñen enriba da mesa. "O que é evidente é que se pasa a formar parte do problema e non formar parte da solución", engadiu subliñando que hai "quen escolle formar parte do problema e non formar parte da solución", en relación ao responsable do PPdeG.

A este respecto, o presidente da Xunta fixo un chamamento á oposición para "cambiar de actitude e abandonar a posición fácil de reiterar cada día que a economía marcha mal" e "poñerse ao lado do traballo, da solución, do mesmo lado".

Confianza no país

O máximo mandatario autonómico expresou a súa convición en mudar a situación e saír fortalecidos da crise: "Teño a convición profundamente esperanzada, confío neste país sen límites na confianza e teño a plena convición de que Galicia vai saír adiante desta crise. E o que temos que tratar é que a recuperación sexa o antes posible e co menor impacto posible. Esa é a miña obriga como presidente, tratar de tomar medidas e tomar medidas", aseverou. Por iso apelou, unha vez máis "á unidade, á necesidade de remar e non a facer que a vía de auga a ser posible sexa máis grande".

"Confío en que, antes ou despois, esta posición de unidade, de traballar na mesma dirección, de concertar, gañe en Galicia; estou seguro que en Galicia terminará gañando, os cidadáns estou seguro que o queren e terminarán empurrando nesa dirección. Desde logo o presidente da Xunta non parará cada día de intentalo e de convocar a sumar vontades e non buscar os puntos de diferenza", concluíu.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg