'O galego non ten medo'
Reproducimos o artigo publicado onte en El Correo Gallego con motivo da folga estudantil convocada pola Mocidade pola Normalización LingüÃstica para hoje.
"A historia dinos que nunca os (poucos ou moitos) avances que experimentou a lingua galega ao longo das últimas décadas foron froito da casualidade ou da ciencia infusa.
Anos de reivindicacións, de presión cÃvica exercida polos sectores máis comprometidos da nosa sociedade, conseguiron a oficialidade do idioma ou a súa presenza no ensino; e non soamente como unha materia obrigatoria máis. Neste proceso, a xente nova ocupou sempre un papel relevante: unha mobilización estudantil conseguiu en 2004 que a inspección educativa comezase a facer o seu traballo cos centros que non cumprÃan a legalidade; e hai dous anos, unha folga tivo como resultado que ás poucas semanas a ConsellarÃa de Laura Sánchez Piñón anunciase a elaboración dun novo decreto, o que está en vigor.
Este próximo 26 de novembro o alumnado de ensino medio, de 3º da ESO en adiante, está chamado a unha folga cuxo lema é "Paremos as agresións contra o galego". Convocada polas Mocidades da Mesa e co apoio de Galiza Nova e dos Comités estudantÃs, quere parar as aulas para denunciar a "parálise" que invadiu xa desde o curso pasado os responsábeis da ConsellarÃa de Educación; parálise, desleixo, pasotismo da administración á hora de aplicar e desenvolver as leis que eles mesmos elaboraron.
Non se coñecen datos nin avaliacións oficiais, logo dificilmente poden corrixirse as eivas se estas aÃnda nin se detectaron. Vemos, como a xeito de flashback, entidades que non son as responsábeis nin das polÃticas lingüÃsticas nin das educativas teñen que suplir o que a administración non fai. Grazas ao seu encomiábel esforzo sabemos o que quizá non se queira recoñecer: que nunha comarca como a de Vigo 3 de cada 4 centros non cumpren a lexislación; ou que nun 30% dos centros de infantil non se dá nin sequera en galego unha hora semanal.
"O galego non ten medo", di o himno do Correlingua. Non estamos en maio, porén este 26 será un bo dÃa para volvérmolo berrar. "
Fran Rei
A Mesa





Comentarios
a xeito de flashback, lo que pide la gente que defiende la libertad es que se deje escoger la lengua en que queremos educar a nuestros hijos entre las 2 oficiales de la comunidad. Lo que defienden los nacionalsocialistas es que se hable lo que ellos deciden...
manda carallo co flashback
Publicado por: julio | Novembro 26, 2008 11:57 AM
Estos son los cachorros del bloque que utilizan métodos abertzales y los paniaguados de la llamada mesa normalizadora que lo primero que tienen que normalizar son sus cerebros y dejar el pensamiento único, dogmático y sectario mas propio de otras épocas. La última "azaña" la protagonizó la edil (o edila) Ermitas que en su afán "normalizador" utilizó un problema como la violencia de género para seguir con la tabarra artificial del idioma, la reprendió hasta una compañera del gobierno municipal. Son los neo nazis idiomáticos.
Publicado por: Candela | Novembro 26, 2008 1:50 PM
Penso que ninguén quere obrigar a ninguén a falar nunha lingua ou noutra. O único que se pide é que se normalice a situación do galego e que se poda usar en todo-los ámbitos (por raro que pareza en Galiza aÃnda hai ámbitos e traballos onde non se deixa falar galego).
En canto os que queren poder escoller unha educación integra en castelán penso que se equivocan porque, ademais de renunciar a un rasgo que os identifica coma galegos, tamén renuncian a poder entenderse cunha gran parte da xente coa que conviven. A Mesa , que eu saiba, non pide que se deixe de insinar castelán a ninguén. Sen embargo os da plataforma pola "Galicia bilingüe" si que piden que non se lles insine o galego.
Publicado por: CeNToLiNHo | Novembro 26, 2008 3:17 PM
Estimado Centolinho, agradezco el tono de tu email pero siento decirte que en Galicia se imparten todas las asignaturas en gallego menos Gimnasia, Manualidades y Religión. Posiblemente no tengas hijos en edad escolar y por eso no conoces la realidad de nuestra comunidad.....LIBERTAD¡¡¡
Publicado por: julio | Novembro 26, 2008 4:02 PM
La llamada normalización consiste básicamente en buscar diferencias idiomáticas, por ejemplo llamar "Galiza" a Galicia. Los derechos son de los ciudadanos no de los territorios, se pretende con la normalización crear unos usos en los ciudadanos de manera artificial y obligándolos, los medios utilizados son varios: educación, televisión, medios, rotulación y señalización de edificios públicos, etc. La Mesa tiene actuaciones que se asemejan a los camisas pardas de la alemania nazi, y las subvenciones las pagamos todos.
Publicado por: Candela | Novembro 26, 2008 5:00 PM
Les recomiendo un artÃculo publicado hoy en La Opinión titulado "Los derechos lingüïsticos" firmado por una persona no sospechosa y que es el Vicepresidente del Ateneo Republicano de Galicia.
Publicado por: Candela | Novembro 26, 2008 5:10 PM