O PP deixou unha Administración obsoleta e clientelar

O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, asegurou hoxe en Silleda que o Partido Popular deixou unha Administración "obsoleta e anclada en prácticas clientelares".
O titular de Presidencia fixo estas declaracións a raÃz das recentes acusacións por parte do PPdeG de haber aumentado en case 10.000 o número de funcionarios na Xunta nos últimos tres anos.
Méndez Romeu afirmou que este incremento de persoal débese a que se incluÃu o das fundacións sanitarias, 3.000 novos contratados, e que anteriormente o PP non incluÃa no cómputo a persoal laboral temporal que agora si está.
Neste sentido, asegurou que é o PP "quen maquilla as cifras" e explicou que nunha enquisa feita polo Ministerio de Administracións Públicas no 2004 cifra o número de funcionarios en 77.581, mentres que un certificado asinado o 1 de xullo dese mesmo ano por Belén Prado, responsable do PPdeG nestas xestións, indica que hai 82.953 funcionarios.
O conselleiro insistiu en que é o PP quen "ocultou ao persoal laboral" e deixou "en situación precaria" dous campos que hoxe son "prioritarios" para a Xunta, como "son sanidade, con 3.000 empregados máis, e o ensino, con 1.200 máis".
Ademais, explicou que cando o PSdeG chegou ao Goberno da Xunta existÃa un "25 por cento de persoal temporal", unha "taxa escandalosa" que se baixou "en oito puntos".
Méndez Romeu asegurou que, con estas crÃticas do PPdeG, están "diante dun esperpento que non se pode entender a finais de lexislatura" e achacounas á "incapacidade do PP de dar alternativas".




