Economistas

O presidente da Xunta anuncia un novo paquete de medidas encamiñadas a favorecer o investimento, reforzar a capitalización do país, a apoiar os sectores sociais máis desfavorecidos e a reactivar o consumo

O titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou onte que o Goberno que preside porá en marcha un terceiro paquete de medidas económicas encamiñado a favorecer o investimento, reforzar a capitalización do país, a apoiar os sectores sociais máis desfavorecidos e a reactivar o consumo. "Trátase dun terceiro grupo de medidas que vai apoiar o investimento, reforzar a capitalización do país, bombear investimento para paliar a caída da inversión e a retracción do mercado e da actividade económica, dar apoio financeiro ás actividades nas empresas, en particular, ás pemes (dirixida neste momento ao circulante, aos problemas a curto), de apoiar os sectores sociais, as familias, e axudar a reactivar o consumo, evidentemente no marco das nosas responsabilidades e das nosas competencias", asegurou Touriño.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego explicou que este grupo de medidas, dividas en catro categorías -xeración de emprego, iniciativas de apoio ás actividades estratéxicas con dificultades, apoio aos colectivos sociais máis afectados pola crise e reforzo do autoemprego-, están en sintonía coas xa aprobadas polo Goberno que preside desde xaneiro deste mesmo ano. Así mesmo, avanzou que na súa comparecencia a petición propia no próximo pleno do Parlamento, explicará á Cámara todo este conxunto de actuacións, avaliadas hoxe polo Goberno galego.

Axudar á creación de emprego

A primeira liña de medidas vai na dirección de incentivar e poñer en marcha programas de gasto que axuden a xerar emprego e a crear ocupación, segundo resaltou Touriño. Trátase, engadiu, "de medidas de xeración de emprego directo desde a propia actividade pública".

Este programa contará cun investimento total de 19 millóns de euros e permitirá a creación de 2.000 empregos, arredor de tres tipos de actividade: en materia de mellora ambiental, para poñer en valor os recursos naturais, actuando en sistemas fluviais e en espazos naturais, na súa limpeza e conservación, cun orzamento de 5 millóns de euros; actuacións en conservación, en mantemento do patrimonio viario da comunidade, de infraestruturas de transporte e, en particular, estradas, cunha dotación financeira de 5 millóns de euros; e actuacións no ámbito rural, de carácter silvícola e preventivas nos montes da comunidade, cun financiamento próximo aos 9 millóns de euros.

Segundo resaltou o presidente galego, son tres tipos de actividade "intensivas en man de obra", que se poñerán en marcha de maneira inmediata, xa "no mes de decembro e por un período de contratación inicial de seis meses de duración".

Apoio ás actividades estratéxicas con dificultades

Respecto ao segundo eixo de actuación, Emilio Pérez Touriño sinalou que está relacionado co apoio a actividades de sectores estratéxicos en dificultade e, en particular, "de maneira específica", prevé a elaboración dun Plan de apoio ao sector da automoción. "O que facemos, en concreto, é desenvolver un plan extraordinario de formación, por un importe de 10 millóns de euros, dirixido a realizar accións de formación e capacitación para un potencial de 10.000 empregados", neste período, dixo Touriño, de "descenso brusco, de caída da carga inmediata que está prevista para o mes de decembro, derivada da paralización da actividade nun número importante de días, prevista e anunciada, programada por parte da empresa matriz, Citröen", explicou. Unha redución de carga de traballo na empresa Citröen que tamén terá efectos "inmediatos sobre a industria auxiliar e de compoñentes".

Por iso, engadiu, "tomamos medidas nesa dirección, con carácter inmediato, para este mes de decembro, que se desenvolverán mediante os correspondentes convenios, autorizados no próximo Consello da Xunta, no que se instrumentará esta medida xuridicamente". Deste xeito, a Consellería de Traballo, responsable na materia, asinará convenios, "empresa a empresa", cunha achega á formación máxima de 300.000 euros por convenio, e onde a empresa beneficiaria tamén se comprometerá a achegar unha partida orzamentaria para este fin, arredor do 40 por cento do financiamento desta formación.

Emilio Pérez Touriño subliñou que estas medidas xa foron tratadas no Foro do automóbil e avanzou que mañá mesmo se reunirá co Clúster da Automoción en Vigo, e co director xeral de Citröen para avalialas e implementalas.

O presidente da Xunta lembrou, ademais, que o sector da automoción é estratéxico para a economía europea, para as economías occidentais e para a española, pero, "de maneira determinante", tamén para a galega. Así mesmo, salientou que estamos a falar dun sector galego "extraordinariamente competitivo" no mercado internacional. Explicou que "corremos o risco, coa entrada da crise e coa forte redución da demanda no mercado da automoción (estimada nun 40 por cento), de que un sector estratéxico e competitivo da nosa economía puidera quedar irreparablemente danado, mutilado". De aí, engadiu, a necesidade de poñer en marcha medidas coma esta, para tratar de "axudar e complementar medidas que vaian na dirección de que Galicia non perda esa posición competitiva e estratéxica para o emprego, para a actividade, para a innovación, e para o desenvolvemento tecnolóxico", aseverou.

Incentivar o consumo das familias

Respecto á terceira liña de actuación, de apoio aos grupos sociais máis desfavorecidos, Emilio Pérez Touriño indicou que se trata de actuar sobre a capacidade de consumo das familias para evitar a caída da demanda. Medidas que van nunha tripla dirección: a adquisición de vivenda, a compra de bens de consumo duradeiro (automóbil, e a reformas de vivendas encamiñadas ao aforro enerxético e á sustentabilidade.

"Trátase de subvencionar ao 100 por cen, polo tanto, sen custo algún para a familia, un seguro de pagos protexidos a todos os traballadores galegos que formalicen un préstamo para a compra de vivenda, automóbil ou plan de reforma", evitando que o traballador "teña que pagar as cotas do préstamos se se queda en paro ou sufre unha incapacidade temporal", abondou Touriño. Esta medida, segundo adiantou, articularase mediante unha achega por parte da Xunta de 10 millóns de euros, que deberá permitir formalizar arredor de 850 millóns de euros de financiamento ás familias.

"Propoñemos medidas novidosas en toda España", insistiu, lembrando que "unha vez máis tomamos e anticipamos medidas" para que "ninguén en Galicia pospoña a súa decisión de investimento ou de gasto ante o temor, a inseguridade e o risco de quedarse en paro".

"O Goberno galego toma a iniciativa diante da crise", con esta actuación "proactiva, dirixida a dinamizar o consumo e o investimento das familias, que son claves para frear a crise", remarcou. Explicou, ademais, que non se trata só dunha actuación "paliativa, para minorar o impacto que a crise ten sobre os desempregados, senón que tamén constitúe unha medida complementaria" das postas en marcha polo Goberno central.

Isto, insistiu Touriño, debe permitir mellorar a confianza das familias "ante a incerteza e, polo tanto, incentivar o consumo en bens duradeiros", dinamizando o investimento en vivenda, construción e automóbil, sectores claves "na recuperación económica", que están sufrindo "de maneira moi intensa o impacto da crise", segundo manifestou o presidente da Xunta.

Reforzo do autoemprego

A última medida avanzada hoxe polo máximo mandatario autonómico ten unha dotación de algo máis de 10 millóns de euros e será posta en marcha a partir do 1 de xaneiro. Consiste en incentivar aos parados de longa duración que accedan ao autoemprego, a través do aumento das axudas de asistencia técnica e apoio á función xerencial.

Trátase, en definitiva, "dun novo impulso, de novas medidas de reactivación económica que reforzan e van na mesma liña na que viñamos traballando ata agora, porque non hai outra "receita en ningunha economía occidental", senón a "anticipación", aseverou Touriño concluíndo que "Galicia está a responder deste xeito, anticipadamente".

Adquisición do grupo catalán Hispano Igualadina por Monbús

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño destacou, ademais, que a compra do grupo catalán Hispano Igualadina por parte do grupo galego de transporte de viaxeiros por estrada Transmonbús, converte a empresa galega na primeira empresa de capital español de transportes de España.

Emilio Pérez Touriño explicou que o Consello da Xunta de hoxe aprobou un acordo polo que o Igape apoia esta operación de expansión promovida polo grupo galego de transporte por estrada Transmonbús, a través dun aval por importe máximo de 6 millóns de euros destinado a garantir o 28,5 por cento dun préstamo bancario por importe máximo de 21 millóns de euros.

Trátase, resaltou o presidente da Xunta, "dun exemplo de aproveitamento en condicións de crise económica para fortalecer a capacidade competitiva e aproveitar as oportunidades e as condicións de competitividade no mercado".

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg