A web da Deputación de Lugo ha seguir só en castelán un pouco máis de tempo
A Deputación de Lugo comprometÃase hai máis dun ano a cumprir coa Lei de Normalización LingüÃstica, algo inédito nos mandatos anteriores cando Francisco Cacharro Pardo (PPdeG) era presidente.
AÃnda que houbo avances, cumprir coa palabra dada halle de levar aÃnda un pouco máis de tempo á coalición de goberno que conforman PSdeG e BNG; polo de agora, a web da institución provincial continúa a ser accesÃbel só en castelán, fóra dalgunha excepción como as novas ou a "Saúda do Presidente", que é bilingüe.
Esta situación poderÃa mudar finalmente dentro dunhas semanas. Segundo afirman dende Presidencia, departamento encargado súa da xestión, xa hai elaborado un borrador da nova páxina que substituirá a actual, e que desta volta si terá versión en galego.
Será "a finais de ano ou principios do que vén", informan as mesmas fontes, cando despois de anos de 'traballo' e de pasos para adiante e para atrás, está previsto que a Deputación de Lugo cumpra coa lexislación vixente e ofreza os seus servizos na lingua propia do paÃs.
vieiros




