Economistas

Nace a asociación Diverslinguae para dar a coñecer o plurilingüismo do Estado español

Presentouse en Santiago de Compostela a nivel estatal a asociación Diverslinguae, que nace co obxectivo de dar a coñecer a realidade plurilingüe do Estado español e defender os dereitos lingüísticos dos pobos con idiomas minorizados no ámbito estatal.

Forman parte de Diverslinguae A Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Aurten Bai, Euskara Kultur Elkargoa e o CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), entidades que manteñen unha colaboración permanente e prolongada no tempo e que integran o Comité do Estado Español da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL- European Bureau for Lesser-Used Languages).

Entre as misións desta nova asociación está a de monitorizar o cumprimento da normativa en materia de dereitos lingüísticos, algo que xa se vén facendo desde EBLUL, unha asociación que naceu a instancias do Parlamento Europeo e que colabora ademais con outros organismos internacionais, como o Consello de Europa, o Comité das Rexións e a UNESCO, entre outros.

O Comité do EBLUL participou nas diferentes reunións que o Comité de Expertos do Consello de Europa realizou durante a súa visita ao Estado tanto en maio de 2004 como en setembro de 2007 para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

O informe que o propio Consello de Europa deu a coñecer a semana pasada sobre a aplicación deste tratado internacional subscrito polo Estado español en 2001 baséase nos encontros de 2007, nos que tamén participaron representantes das institucións e doutros organismos, así como na recompilación de información.

Os representantes das catro entidades que forman Diverslinguae, presidida por Carlos Callón, valoraron hoxe o informe asegurando que "máis unha vez, a administración do Estado recibe un suspenso, e especialmente no tocante á atención ao cidadán e na administración de Xustiza".

Callón sinalou que "persisten os problemas xerais xa detectados con anterioridade polo Consello de Europa no seu anterior relatorio". Así, no ámbito da xustiza non se realizaron as mudanzas xurídicas precisas para que os procesos xudiciais poidan ser na lingua cooficial a petición de parte, tal e como se comprometeu o Estado no seu día. Así mesmo, a Administración periférica continúa sen adoptar as medidas para que poida funcionar con normalidade nas linguas diferentes do castelán.

O presidente de Diverslinguae salientou que "o informe fica coxo nalgúns aspectos porque a administración do Estado non facilitou toda a información que debería, senón sería aínda máis abrumador".

Neste sentido, explicou que o Consello de Europa tamén se lamenta no documento de que o Estado non achegou "ningún dato sobre o galego en Castela e León, o portugués en Olivenza, o bereber que se fala en Ceuta, o árabe en Melilla ou o romaní e caló". "A realidade é policroma e a administración ten que actuar para respectar esta realidade, cumprindo os compromisos que adquiriu cando subscribiu a Carta Europea das Linguas" sinalou Callón, quen informou de que, tal e como se indica no texto do Consello de Europa, "os habitantes dos territorios onde non hai unha lingua cooficial non son conscientes da pluralidade lingüística do Estado".

En canto ao caso galego, Carlos Callón resumiu que "do que deixa constancia o Consello de Europa é de que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) non se está a cumprir" e que "a situación do ensino é calamitosa". Para o presidente da Mesa "o debate sobre a galeguización do ensino non pode ser o mesmo despois deste informe, e a conselleira de Educación ten que asumir a súa responsabilidade e cumprir as leis". "Despois deste baño de realismo, non vale xa nin a propaganda duns nin as mentiras doutros", concluíu.

En relación coa valoración de Laura Sánchez Piñón das recomendacións do informe, Callón asegurou que "ten un descaro total á hora de mentir". "Por unha banda di que o texto non abranxe o período deste goberno e ao mesmo tempo gábase de que valoren positivamente o decreto de galeguización, e así as críticas son para outros e os parabéns son para ela". "Unha gobernante seria ten que saber asumir as súas responsabilidades, recoñecer as críticas e cumprir coas súas obrigas", sostivo.

Pola súa banda, Mikel Etxebarria, secretario da Fundación Aurten Bai e membro da dirección europea do EBLUL, sinalou que en canto ao éuscaro, a comunidade autónoma vasca recibe "un aprobado" aínda que coa obriga de mellorar, sobre todo no tocante á atención ao público, tanto no servizo vasco de saúde, como na policía autónoma, onde o Consello de Europa recomenda aumentar o número de axentes con capacitación lingüística en éuscaro. No que di respecto á administración do Estado, Etxebarria coincidiu co resto dos presentes en sinalar que a lingua cooficial ten escasa presenza na xustiza, e que está nuns niveis moi baixos na atención ao público na administración periférica. Tamén salientou a case total ausencia da lingua vasca nos medios de comunicación públicos, nomeadamente RNE e TVE.

Iulen Urbiola, director da fundación Euskara Kultur Elkargoa, de Navarra, sinalou que a actuación tanto da administración autonómica como da estatal a respecto do éuscaro na comunidade foral "só merece un suspenso", en eidos como a administración de xustiza, a atención ao cidadán ou os medios de comunicación. Recoñeceu que o informe recolle algunhas melloras que se produciron nos últimos anos "como a legalización das ikastolas situadas na zona non vascófona, que até hai pouco estaban prohibidas".

No tocante ao catalán, Maria Arenys, representante do CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), asegurou que "aínda que en Cataluña a lingua máis utilizada na vida pública é o catalán, a situación deste idioma é moi diferente nos distintos territorios nos que se fala, incluíndo Valencia, Illas Baleares, a Franja de Aragó e tres localidades en Murcia".

Así, mentres o modelo lingüístico de ensino en Cataluña é aplaudido polo Consello de Europa, Arenys alertou sobre a situación nas Baleares, onde o sistema de educación trilingüe "rebaixou dun cincuenta a un trinta por cento o ensino en catalán". Tamén apuntou a que "o Consello de Europa insta á creación dun periódico en valenciano, xa que até o de agora non existe ningún, mentres en Cataluña e Baleares si que os hai". No tocante a Aragón, asegurou que "está anunciada unha nova Lei de Linguas e cremos que é preciso un marco xurídico específico para promover o catalán nestes territorios onde se fala".

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg