Economistas

'O Consello de Europa e o ensino en galego'

O Consello de Europa é a organización intergobernamental máis antiga do continente, cuxos obxectivos son protexer os dereitos das persoas, promover a diversidade cultural e loitar contra problemas sociais como a xenofobia e a intolerancia. O Consello de Europa creouse en 1949 e unha das súas primeiras realizacións foi a elaboración da Convención Europea dos Dereitos Humanos. Dentro deste mesmo espírito de defensa dos dereitos humanos, promoveu a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM).

O ano 2001, o Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a sinatura e ratificación por parte do Estado dese tratado internacional, que pasou a facer parte do ordenamento xurídico interno. Vemos, pois, que esta eurocarta se adoptou coa maior lexitimidade da representación democrática, ao obter o respaldo de todos os grupos parlamentares.

De feito, a unanimidade foi, até hai pouco, a moeda corrente dos grandes acordos sobre a promoción do galego. Tamén así saíron adiante a Lei de normalización lingüística, en 1983, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, en 2004. Todos estes grandes consensos producíronse baixo presidencias populares: a lei do 83 con Gerardo Fernández Albor, a CELRM con José María Aznar e o Plan xeral na última lexislatura de Manuel Fraga Iribarne. Mais o cacarexado consenso chegaba porque en todos estes acordos existía unha cláusula oculta que os anulaba: "Concédense dereitos coa condición de que non se poidan exercer". Vese claramente isto na férrea e histriónica oposición do PP, agora que xa non goberna, a que se poñan en andamento as mesmiñas medidas que eles propios refrendaron cos seus votos.

Mecanismo de avaliación

O Consello de Europa estabeleceu un mecanismo para tentar evitar que a CELRM ficase en auga de castañas ou pura propaganda. Cada tres anos, un Comité de Expertos nomeado polo estados ten de presentar un relatorio sobre o nivel de aplicación, solicitando para iso un informe previo aos gobernos e procurando a colaboración das organizacións sociais para contrastar os datos achegados.

Xustamente agora foi tratado polo Comité de Ministros do Consello de Europa este informe, que no relativo á situación da lingua galega se pode resumir en dous aspectos. En primeiro lugar, que o idioma de Galiza se encontra con grande febleza en sectores e ámbitos fundamentais da vida social, como o ensino, a administración, os medios de comunicación, a sanidade, as xestións bancarias e financeiras etc. Quen lea o relatorio (dispoñíbel completo en www.amesanl.org/mediateca) poderá tamén encontrarse con continuadas queixas por parte do Comité de Expertos pola carencia de datos que deberían achegar as autoridades e non achegaron. Se tal información oficial existise, para se poder contrastar coa ofrecida polos movementos sociais, o informe sería sen dúbidas aínda máis devastador.

O ditame do Consello de Europa é un baño de realismo fronte á propaganda e á mentira e un correctivo á política lingüística da Presidencia da Xunta. Confrontándose co márqueting que bendí o statu quo como unha situación ideal, o organismo europeo subliña en varias ocasións que o Plan xeral de 2004 non se está pór en práctica, singularmente nos seus aspectos centrais, como o ensino.

"O rei vai nu"

Nin son certos os mantras da "imposición" que recita Alberto Núñez Feijó cando ten diante un micrófono nin hai asomo de verdade nos discursos dos grupos creados para atacar o galego. Porén, tamén fica ao descuberto que non se está a desenvolver unha política lingüística que garanta o dereito individual e colectivo a poder utilizar e recibir información con normalidade no idioma propio. Igual que noutras lexislaturas, a política lingüística actual é un fracaso pensado e procurado.

Fronte a quen critica o decreto de galeguización do ensino ou as galescolas, o Consello de Europa respalda estas inicitivas e "eloxia en particular" (sic) o proxecto de rede de escolas infantís promovido pola Vicepresidencia da Xunta. Porén, no referente ao decreto de 2007, pide medidas para que se aplique nos centros e que a Consellaría de Educación presente os informes periódicos sobre o seu grao de cumprimento. Como é bo de ver, respáldanse ao cento por cento as solicitudes repetidas polo movemento social en defensa do galego, até o momento desatendidas pola Administración.

O Consello aínda vai alén e sinala que, ademais do decreto actual, ten que existir unha liña que teña o galego como única lingua vehicular. Este modelo totalmente en galego debe ser de oferta universal en toda Galiza e tanto para a educación infantil, como primaria e secundaria. Así mesmo, non se contempla a posibilidade de que exista unha liña que exclúa o galego. Ademais de por razóns formativas e de convivencia obvias, cómpre lembrar que o Congreso dos Deputados descartou explicitamente tal posibilidade cando ratificou a eurocarta.

Este informe é duro de roer para os gobernantes implicados. Así, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, preguntada pola situación do galego no ensino á vista da análise europea, desentendeuse do asunto pasándolle a pelota ao tellado da Consellaría de Educación. Pola súa banda, a conselleira, Laura Sánchez Piñón, saíu do paso como puido, recollendo as magnolias para si e lanzándolle a pólvora ao PP. Segundo ela, o Consello de Europa non entrou a valorar as xestións realizadas nesta lexislatura, e por iso as críticas serían todas ao goberno anterior. A continuación, afirmou que nese mesmo relatorio se respaldaba o decreto 124/07. Mais, en que quedamos? Se no informe se fai referencia a un decreto promulgado no ano 2007, as críticas sobre a súa non aplicación son para un goberno que expirou o seu mandato no verán de 2005? Que clase de descaro propagandístico é ese? Que falta de pudor para tomarnos o pelo pode levar a mentir dese xeito?

Aínda que non na teoría das leis aprobadas no Diario Oficial, senón no día a día dos centros, Galiza é a única comunidade autónoma con lingua cooficial dentro do Estado onde non se garante que unha crianza se poida escolarizar con normalidade na lingua propia, nin tan sequera se é falada de xeito espontáneo pola maioría da poboación da súa localidade ou no seu entorno familiar.

Os nenos e as nenas de Galiza non adoptan o idioma galego como vehículo de expresión como consecuencia do seu proceso educativo, mais si acontece o fenómeno inverso. Hoxe, igual que hai vinte anos, na escola entran máis falantes de galego dos que saen.

Urxen as medidas

Os discursos e as accións a respecto da galeguización do ensino non poden ser iguais despois deste informe. Correspóndenos á sociedade activarnos: difundir os contidos deste ditame, dalo a coñecer masivamente aos membros das comunidades educativas e, sobre todo, reclamar que os gobernos adopten as medidas oportunas: facer cumprir o decreto, desenvolver programas de formación ambiciosos para o profesorado, realizar campañas sobre os dereitos lingüísticos no sistema educativo e estabelecer o modelo esencialmente en galego que aprobou no seu día o Congreso e que o Consello de Europa agora recorda.

Moita xente pode coller o ditame europeo coa alegría de ver un pouco de luz no medio de tantos feroces ataques contra o galego, de tanta caricatura, de tanto insulto; mais tamén coa idea resignada de que en ningún momento se van pór en andamento ningunha das súas disposicións. Cómpre lembrar, porén, que os poderes públicos non poden desobedecer o ordenamento xurídico. En democracia, os acordos do Parlamento e os tratados internacionais hai que aplicalos. Mobilicémonos para que así sexa.
Carlos Callón

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg