PolÃtica LingüÃstica convoca 250 cursos para o 2009 nos que poderán obter formación en galego ata 7.500 persoas
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica vén de anunciar, a través dunha resolución da ConsellerÃa de Presidencia, a convocatoria pública para participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de Lingua Galega (Celga), destinados a particulares e a colectivos.
En total, convócanse 250 cursos, que se van realizar nas localidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, LalÃn e Vigo, e naquelas que determine a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, segundo as solicitudes presentadas e a distribución xeográfica destas, agrupándoas preferentemente por comarcas. Segundo o previsto nesta convocatoria, poderán realizar estas actividades ata 7.500 persoas, tendo en conta o número de cursos convocados e o número máximo de alumnos por curso, cifrado en 30 persoas.
A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 2 de decembro, está destinada a particulares, colectivos, entidades e asociacións que conten cun mÃnimo de 25 persoas preinscritas para participar nos cursos. As actividades formativas deberanse axustar aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecido para cada un dos niveis. É conveniente que as persoas ou entidades interesadas teñan en conta, á hora de formular as solicitudes, o nivel de coñecementos do alumnado.
Quendas de programación
Os prazos de presentación de solicitudes nos cursos varÃan en función das datas de comezo das diferentes quendas de programación. AsÃ, os particulares que desexen participar nos cursos previstos entre os meses de marzo e xuño, poderán achegar as súas solicitudes ata o vindeiro 30 de xaneiro. As persoas que opten pola segunda quenda, para cursos programados en xullo e/ou agosto, poderán inscribirse ata o 20 de xuño de 2009. E para os cursos que se realicen en outubro e novembro, o prazo de solicitude estará aberto ata o 10 de setembro. En canto aos colectivos interesados, o prazo de solicitude pechará o 27 de febreiro, para cursos que se realicen entre abril e novembro.
O número máximo de asistentes a cada curso é de 30. Se quedasen prazas vacantes, poderán admitirse candidatos ata tres dÃas antes do inicio do curso. A duración do curso será de 75 horas lectivas, distribuÃdas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media diarias, aÃnda que en casos excepcionais ou cando se trate de cursos intensivos poderá autorizarse a realización de sesións con outro horario.
Lugares de solicitude
As persoas e entidades que desexen formular solicitudes farano de acordo cos modelos de solicitude que figuran nos anexos da convocatoria publicada no DOG. Os documentos deberanse dirixir aos gabinetes provinciais de normalización lingüÃstica da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da provincia que corresponda. Presentaranse preferentemente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou no da delegación da ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia á que pertenza a localidade na que se queira realizar o curso. Asà mesmo, as solicitudes poderanse entregar nas oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
A SecretarÃa Xeral destina unha partida de 812.500 euros a esta convocatoria, con cargo aos orzamentos de 2009.
Probas de acreditación
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica non expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia aos cursos, porque para obter a acreditación do nivel Celga ao que se opte é necesario realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en maio e novembro de 2009. A inscrición das probas rematará o 25 de marzo de 2009 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro para a de novembro.




