"Quen sabe galego, sabe máis"
O Concello de Ourense e a Universidade de Vigo reafirmaron o seu compromiso a prol do ensino en varios idiomas, materializada na campaña informativa Europa é plurilingüe. Quen sabe galego, sabe máis. O programa vaise desenvolver en varios centros de ensino da cidade, como tamén se fará en Pontevedra e en Vigo.
A Universidade achegará o soporte cientÃfico da campaña, coa elaboración de dÃpticos informativos e charlas a cargo de especialistas en sociolingüÃstica. No acto de sinatura do acordo, o vicerreitor de Relacións Institucionais da universidade viguesa, Iván Area, explicou que educación plurilingüe significa "o uso de dúas ou máis linguas de instrución durante algún momento do proceso educativo da poboación en idade escolar".
A campaña acaba de recibir un importante pulo despois de que o Consello de Europa emitise un informe en que consideraba "insatisfactoria" a situación do galego no ensino do paÃs e moi baixa a porcentaxe do alumnado de preescolar que pode acceder á educación na nosa lingua. O texto "pon en valor o traballo dos sociolingüistas da Universidade de Vigo que atinadamente estaban advertindo desta situación", afirmou Area.
Galiza ten unha posición estratéxica que lle permite relacionarse co mundo, segundo o vicerreitor, quen salientou "a normalidade coa que o alumnado estranxeiro que recibimos na nosa Universidade asimila a aprendizaxe de varias linguas".
Europa é plurilingüe xurdiu despois da entrada en vigor do Decreto 124/2007 sobre o galego no ensino, e como consecuencia do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004. A Universidade de Vigo e os concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais doutras institucións, adherÃronse á campaña.
vieiros




