Economistas

De verdade sobran dous mil empregos en Citroën-Vigo, señor Ianni?

citroen160109.jpg

Os 298.000 vehículos que a planta de Citroën de Vigo prevé producir durante este 2009, un total de 142.000 menos ca en 2008 como consecuencia da drástica caída das vendas, xeran un excedente inicial de 900 operarios eventuais ós que non se lles renovarán os seus contratos a partir de abril momento en que de- saparecerá a quenda de noite. Ademais, provoca a posta en marcha de catro medidas de axustes no calendario laboral deseñadas pola multinacional automobilística para minimizar o impacto do recorte da actividade que afectaría a 1.100 empregados fixos que, de aplicarse a xornada pactada en convenio, tamén "sobrarían".

A dirección da planta de Vigo do Grupo PSA Peugeot Citroën explicoulle ó comité de persoal que ó retrotraerse a actividade á situación da produción industrial de 1997, é necesario pór en marcha medidas "que causen a menor incidencia para o emprego fixo".

Ó rebaixarse a xornada industrial na liña 1, do Berlingo Partner, a 197 días ó ano, e na 2, do C4 Picasso a 173, sendo a de referencia pactada no convenio colectivo de 219, a dirección da firma propón iniciativas centradas precisamente nos días de inactividade, como fraccionar as vacacións; aumentar a flexibilidade da bolsa de horas; pactar o goce colectivo dos dous días de permiso por motivos persoais dos que dispón cada traballador e establecer quendas especiais para os traballadores con xornadas inferiores a 8 horas. Estas medidas súmanse á non renovación dos contratos eventuais e á supresión da quenda de noite dentro de dous meses e medio.


Medidas para que non se produza un posible ERE

Desde a dirección da factoría insístese en que todas as propostas están encamiñadas a "evitar unha situación de sobreefectivos de persoal" que levaría despedimentos.

Alberto Prieguo, secretario do sindicato maioritario mostrou o seu apoio ás medidas que eviten un posible expediente de regulación de emprego que "é o peor que lle pode pasar ó traballador". De feito, non descarta unha medida deste calado por espazo de 7 ou 8 días para a liña do C4 Picasso, que en 2008 debe "parar" un total de 46 días e que non se cubrirían coa bolsa de horas, os paros xa pactados en febreiro e marzo, este a cargo das vacacións anuais, e a redución a 6,5 horas da xornada no mes de maio.

Tras afirmar que as últimas noticias trasladadas pola dirección son "moi malas" e de "grande impacto" entre os traballadores, o representante sindical de CCOO, Pedro Comesaña, asegurou que a dirección indicou onte que no persoal fixo existe un "sobreefectivo de 1.100 persoas" para os que propón "medidas que eviten despedimentos ou regulacións mínimas de emprego". Entre estas destaca, ademais da fracción do mes de vacacións en dúas quendas de quince días, os paros totais da fábrica na última semana do mes de febreiro e a primeira de marzo.

Comesaña explica que as medidas non incidirán nos ingresos dos traballadores con horario completo, pola correspondencia dos días de adecuación de xornada como por vacacións, aínda que si nos que traballan a tempo parcial ó rebaixar o seu salario entre 200 e 300 euros.

Touriño pide flexibilidade para manter as auxiliares

Neste escenario de "malas noticias", o presidente da Xunta de Galicia afirmou onte tras o Consello que a Administración autonómica traballa co Clúster da Automoción para "evitar a extinción definitiva de contratos" ante a caída da produción nun 30 por cento ó longo de 2009, fronte ó 50 porcento mundial. Así, Touriño avoga por manter as sinerxías para que a competitividade non quede mutilada unha vez Galicia saia do túnel da crise, de aí que espera que nun período de dous anos, Citroën "non teña que buscar compoñentes en China" e outros países para a produción.

Emilio Pérez Touriño sinalou a conveniencia de que se poñan en marcha medidas de "flexibilización" para manter a actividade da construtora e das auxiliares e para non perder a competitividade futura. O presidente da Xunta tamén indicou que o repartimento de 800 millóns en axudas ó sector da automoción, que terá lugar o próximo luns, "non será político", e que as empresas deberán presentar proxectos de competitividade para poder acceder a elas.

"Na planta vese o futuro moi negro"

Empregada na liña de montaxe 1 desde hai nove anos, a viguesa Nieves Méndez explica que entre os operarios da planta de Balaídos existe unha gran preocupación polo futuro como consecuencia dos sucesivos anuncios de recortes na produción e da supresión das dúas quendas de noite a partir do mes de abril. "Na planta o futuro vémolo bastante negro, sobre todo porque non se sabe que é o que vai pasar e estamos a expensas dos acontecementos de cada día".

"Non creo que renove contrato"

Contratado eventual desde hai 10 meses, Rubén Bouzón, operario da liña 1 de montaxe do Berlingo Partner, non alberga esperanzas de que o seu contrato lle sexa renovado. "Eu terei dereito a paro porque traballei durante un ano, pero o peor son os compañeiros que se foron á rúa en Nadal con contratos insuficientes para cobrar o desemprego". Asegura que entre os traballadores existe unha inquietude e preocupación moi importante sobre o futuro.


Fin ó peche dos operarios de Valeo

O comité de empresa de Cableados Auto -antiga Valeo- suspenderon o mércores á noite o peche que mantiñan desde o martes nas oficinas do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga), no polígono industrial de Balaídos, tras reunirse co presidente deste organismo, Antonio Vega. As traballadoras reclamáronlle a súa intervención para recolocar case un centenar de operarias que quedarán sen emprego cando peche a nave, en vista de que o grupo que preside, o grupo Viza, foi un dos beneficiarios da venda de Valeo. Segundo Vila, Vega explicoulles o "difícil" da actual situación da automoción, aínda que os animou a entregarlles os seus currículo ás empresas. Así mesmo, o presidente de Ceaga comprometeuse a interceder para que a venda da nave de Valeo, coa que se sufragarán as indemnizacións, se faga nunhas condicións xustas.

O Goberno vai revisar os ERE

O Goberno ten previsto revisar este ano a actual lexislación dos expedientes de regulación de emprego (ERE) para limitar a idade e as condicións das prexubilacións, afirmou onte o ministro de Traballo, Celestino Corbacho. Durante a súa comparecencia a petición propia na Comisión de Traballo do Congreso, Corbacho expuxo a necesidade dunha "reflexión", ante o elevado número de expedientes de regulación expostos por varias empresas nos últimos meses para afrontar a crise. Destacou a necesidade de que as empresas contemplen plans sociais e de recolocación dos seus empregados, e avanzou que o Goberno estudará a posibilidade de repor as prestacións percibidas polos traballadores vítimas dun ERE no caso de suspensión de contrato "cando a posteriori se produza outro expediente que orixine a extinción do mesmo".
galiciahoxe
M.Gimeno

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg