Economistas

Fóra e dentro

Nas últimas semanas produciuse un interesante debate sobre a situación do mercado dos libros en galego e da cultura galega en xeral. Un dos puntos recorrentes foi preguntarse se desde a Administración se acertou ao pór maior énfase na proxección exterior cando no propio país aínda é tan necesaria unha forte promoción interna. Hai moitos índices que deben terse presentes para avalialo e encamiñar a acción política na cuestión, mais hai dous que non se poden deixar de lado en ningún caso no aspecto bibliográfico, que se deben repetir todas as veces que for necesario até dalos superado. En primeiro lugar, que Galiza é a comunidade do Estado con peores hábitos lectores. Ademais, só entre un 10 e un 19% deste mercado é con obras en galego.

Manuel Rivas, o noso autor máis exitoso tanto dentro como fóra de Galiza, nunha recente entrevista en Vieiros consideraba máis importante "tratar con respecto" a literatura galega no propio país que promovela en grandes eventos internacionais. Sostiña o autor d'O lapis do carpinteiro que "sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os norteamericanos desen un trato destacado ás nosas obras se estas non teñen ese trato no propio país. Esa é a mellor maneira de proxectar a nosa literatura no exterior. Ti vas a Irlanda, ou a Islandia, e nos aeroportos xa podes atopar a súa literatura; aquí non sucede iso. En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico." Concluía, porén, que "ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o seu redescubrimento no interior".

Arturo Casas, profesor na Universidade de Santiago de teoría literaria e semiólogo, entraba no debate a través do seu blog con esa mesma idea final, para sinalar que a proxección exterior e a interior son dúas caras dunha mesma moeda, dunha estratexia única. El matizaba: "A proxección interior (rede de bibliotecas, clubes de lectura, institucionalización e planificación, convenios coas librarías para que non escondan certos libros) non abonda. É imprescindíbel, pero non abonda."

No meu entender, xusto o grande problema en Galiza é que, a pesar dos palpábeis adiantos nos últimos anos, o camiño andado aínda non cubriu o tramo do "imprescindíbel".

A proxección diglósica

O recoñecemento alcanzado fóra do país sen dúbidas contribúe para prestixiar internamente a nosa cultura, mais iso non supón de seu que se vaia ler máis nin que haxa un interese súpeto e masivo pola literatura galega / en galego en Galiza. Malia existir reciprocidade na saída exterior e a difusión interna, penso que non é total, moito menos nun contexto diglósico como o noso.

Podemos pór como exemplo a Manuel Rivas, o autor en galego máis recoñecido tamén fóra de Galiza, como se sinalaba liñas atrás, e que oxalá o sexa moito máis, polo seu ben e polo noso ben colectivo. O compromiso persoal de Rivas coa lingua galega e con moitas outras causas sociais xustas é incuestionábel. Podo dicir desde aquí, como activista da normalización lingüística, que é das persoas que sempre están cando se necesitan, mesmo nos momentos máis crus, nos que se padecen os ataques máis feroces e implacábeis.

Porén, Rivas encóntrase cunha situación pouco alentadora na difusión das súas obras en Galiza. Escribe a súa creación en galego e preocúpase de que na información editorial das traducións figure o título orixinal, o cal vén a ser unha denominación de orixe suplementaria. Porén, os datos sobre vendas sinalan que os seus libros no territorio galego son máis demandados na versión traducida para o español que na xenuína. (Isto é así cando menos no momento da saída ao mercado, que son os datos públicos que puiden cotexar, aínda que con limitacións; talvez a posterior demanda como recomendacións escolares equilibre as vendas no interior, mais descoñezo se existen datos ou estudos ao respecto.)

Cando falamos de como as obras en castelán copan o mercado bibliográfico en Galiza temos que ter presente que tamén entran neste cómputo, e ás veces mesmo encabezando as listaxes de vendas, traducións de libros pertencentes ao sistema literario galego. Este é un problema que ten difícil solución alén da sensibilización do público lector, mais que amosa que pór o acento na proxección exterior sen colocar antes fortes alicerces no propio espazo social de Galiza pode ser mesmo contraproducente. Estas exitosas traducións reforzan a consideración da cultura galega como unha cultura híbrida, unha curiosidade ou excepción da "verdadeira cultura": a vehiculizada en español.

De Galiza para o mundo

A andaina "imprescindíbel" está por percorrer e debe camiñarse, si, mais aquí ninguén que teña sensibilidade pola cultura galega nega tampouco a necesidade de compartir co mundo as nosas creacións. Só persoas con verdadeira galegofobia, como o deputado do PP Ignacio López Chaves, atacan tal posibilidade.

A Consellaría de Cultura presentou para a divulgación alén das nosas fronteiras diversos proxectos (o último, a marca "The Galician Way"), que se veñen sumar á participación en varias feiras internacionais que lle recoñecen a Galiza un nome no mundo. Porén, o comprometido Instituto Rosalía de Castro ou Instituto Daniel Castelao, que hipoteticamente dependería sobre todo da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que figuraba tamén no programa electoral do PSOE, non ten nin tan sequera a primeira pedra simbólica posta.

Política Lingüística, que polas competencias atribuídas ten moito para dicir tanto na proxección exterior como na interior, continúa a abrir lectorados de galego polo mundo adiante sen ter un proxecto definido do que facer con eles e a pesar de que os actuais están infrautilizados. A carencia de estratexia amósase, por exemplo, cando reciben o mesmo diñeiro para actividades lugares como Murcia, Berlín e Lisboa, en todos os casos cunha capacidade de incidencia escasa tanto a nivel académico como social, malia o esforzado voluntarismo da maioría do profesorado lector. Non faría máis sentido pararse a pensar que é o que se procura antes de despregar as fitas das inauguracións de novos centros de estudos galegos alén das nosas fronteiras?

Hai unha anécdota verídica, de hai un par de anos, que non podo deixar de relatar. Un grupo de rapaces cataláns e de rapazas catalás que aprenderon galego como idioma optativo no seu instituto viñeron de excursión a Galiza para coñecela. A idea era poder practicar a lingua no seu hábitat natural, mais ao chegaren ao campamento, acarón dunha vila grande, encontráronse con desconsolo que a xente da súa idade non se dirixía a eles senón en español e que o galego tiña máis ben pouca presenza pública. Xa aprenderan o que é a diglosia, mais iso non lles impediu vivir unha dolorosa frustración. Persoalmente, sei de amigos non galegos que estudaron o noso idioma que se encontran con esa situación cada vez que nos visitan. Que a cultura galega, e dentro dela a lingua, poida existir con normalidade no país é o mellor contributo para a promoción cara a fóra.

Na casa do ferreiro...

Como lembrou Arturo Casas, a proxección interior e exterior teñen que facer parte dunha mesma estratexia, global, que nestes momentos eu non vexo que exista para o noso país. Con certeza, institucións referenciais como o Institut Ramon Llull para o catalán enmárcanse nun proxecto conxunto que ten como piares a revitalización e incorporación da súa lingua aos diferentes ámbitos. Xa que comeza unha nova lexislatura, fagamos votos (nunca mellor dito) para que a situación mude.

Reproducimos aquí o artigo publicado polo presidente da Mesa, Carlos Callón, o pasado 12 de xaneiro no diario Galicia Hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg