O presidente da Xunta e o ministro de Transportes de Portugal coinciden en destacar como "estratéxico" o AVE Vigo-Porto e confirman que estará rematado en 2013, tras anunciar destacados avances nos treitos O Porriño-Fronteira e Valença-Braga
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e ministro das Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, Mario Lino, coincidiron en destacar como "estratéxico" para Portugal e Galicia o proxecto de alta velocidade Vigo-Porto, que, segundo confirmaron, estará finalizado no horizonte previsto de 2013. Segundo resaltaron ambos os dirixentes logo do encontro mantivo esta tarde, o treito entre O Porriño e a fronteira portuguesa sairá a licitación pública nos próximos dÃas. Sobre o treito Braga-Valença, Touriño afirmou que ao longo deste ano 2009 tamén sairá a concurso público para a colaboración "público-privada", o que, segundo avanzou, permitirá que as obras estean iniciadas no horizonte do 2010.
"Queremos reafirmar o interese e a vontade para impulsar este proxecto estratéxico por ambas partes", indicou o presidente galego na súa comparecencia ante os medios de comunicación, lembrando que, por parte española, o treito desde Porriño ata a fronteira sairá a información pública nos próximos dÃas, xa que está concluÃdo o estudo informativo. "Iso quere dicir -abondou-, que iniciándose o ano 2009 empeza o que é a tramitación pública de alegacións para a realización do estudo de impacto ambiental. Iso nos dá o horizonte de 2009 para toda esa tramitación e nos coloca no horizonte de 2010 para poder iniciar as obras coincidentemente, coordinadamente, coa parte de Portugal, e polo tanto para poder cumprir co obxectivo, acordado e común de que en 2013 poidamos ter o tren de alta velocidade entre Galicia e Portugal", aseverou.
Respecto ao treito galego, o presidente da Xunta insistiu en que, da conexión Porriño-fronteira portuguesa, está finalizada a redacción do estudo informativo e, polo tanto, se someterá a información pública, neste mesmo mes de xaneiro, probablemente, precisou Touriño, na semana de entre o 12 e o 18, e, en todo caso,"de maneira inmediata, nos próximos dÃas".
Por outra banda, tal e como lle manifestou o ministro Mario Lino ao presidente galego, o treito entre Braga e Valença "está avanzando de acordo co previsto: teñen finalizado o estudo previo e o estudo de impacto medioambiental está remitido a medio ambiente para a súa tramitación". "Por parte do señor ministro se nos acaba de dicir que están en condicións de que ao longo deste ano 2009, nun perÃodo de 6 ou oito meses, sacarán adiante o concurso público internacional para a colaboración público-privada", explicou Pérez Touriño.
Na súa intervención, o ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal asegurou que o seu obxectivo é completar o seu programa de alta velocidade "conforme ao previsto". "A liña Porto-Vigo estará concluÃda no ano 2013", remarcou Mario Lino, lembrando que para chegar a ese obxectivo "se está realizando a avaliación de impacto ambiental para obter a declaración de impacto ambiental do treito entre Braga e Valença" e "unha vez concluÃda -engadiu-, imos lanzar o concurso para a construción da obra e imos sacar o concurso este ano, probablemente no verán deste ano, para que en 2013 esa liña poida estar construÃda".
Estas dúas novas foron consideradas polo presidente da Xunta como "boas noticias, tanto da parte portuguesa como española", dúas novas que, ao seu entender, "confirman o avance e o progreso do tren de alta velocidade de acordo ao previsto".
Un proxecto de "alto interese" para Portugal e Galicia
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, o presidente da Xunta e o ministro Mario Lino coincidiron en destacar "o alto interese" para Portugal e para Galicia, da liña de alta velocidade Vigo-Porto.
"O tren de alta velocidade é desde a miña perspectiva, como presidente da Xunta de Galicia, e despois da experiencia española en alta velocidade, das máis positivas que se pode realizar e desenvolver. Por iso apostamos de maneira decidida, sen dúbidas, con paixón, por este proxecto. É dos que vale a pena facer nun paÃs e non temos ningunha dúbida de ningún tipo", indicou.
Nesta mesma liña se pronunciou o ministro de Obras Públicas, indicando que o proxecto entre Vigo e Porto é unha infraestrutura "que non debe ser afectada por razóns e circunstancias do momento de crise actual". "É unha liña de alta importancia para o futuro de Portugal e de España", incidiu ao respecto, sinalando que se trata "dun proxecto de investimento público, de grande interese estratéxico nacional e que mantemos o empeño de continuar co ritmo que tiña porque non podemos perder máis tempo".
Pérez Touriño insistiu en que se trata dunha conexión "que está avanzada e progresando conforme os acordos previos, de acordo ao calendario previsto e de acordo ao que nos respectivos cumios e xuntanzas bilaterais se vén establecendo", subliñou.
O presidente da Xunta tamén remarcou que durante a entrevista e o encontro posterior que mantivo co primeiro ministro luso, José Sócrates este lle insistiu "no alto interese que para Portugal ten a construción do tren de alta velocidade con Galicia". Asà mesmo, engadiu Touriño, "ratificoume esa vontade de, neste ano, no 2009, sacar a concurso esta redacción decisiva de Braga a Valença que nos garante que teremos o ferrocarril de altas prestacións, de alta velocidade, que conectará Vigo e Porto nun tempo inferior, de acordo ao pactado, a unha hora de duración".
A partir de que estean en marcha os dous proxectos entre Porriño e a fronteira portuguesa e entre Braga e Valença, "serÃa o momento para sacar e poñer en marcha o concurso internacional sobre a ponte internacional que debe cruzar o Miño", concretou o titular do Goberno galego.
Comunicacións por estradas
Durante o encontro co ministro de Obras Públicas Territorio e Comunicacións, no que tamén participaron a secretaria de Estado dos Transportes de Portugal, Ana Paula Vitorino, e a conselleira de PolÃtica Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta, MarÃa José Caride, tamén se abordaron os proxectos de comunicación por estrada en marcha entre Portugal en Galicia. Concretamente a conexión VerÃn Chaves da que, segundo manifestou Touriño xa está concluÃda a ponte internacional sobre o rÃo Támega e cuxa conexión coa A-52 estará rematada, segundo avanzou Touriño, no horizonte do 2010, segundo o previsto.
Neste aspecto, o ministro luso avanzou que se fará un estudo de avaliación para analizar os proxectos en materia de estradas existentes en ambos os dous territorios, asà como os previsto nun futuro, para tratar de traballar e mellorar a articulación das redes viarias entre Galicia e Portugal.
Na xuntanza tamén se abordaron as posibilidades empresariais que abren ás plataformas loxÃsticas existentes a un lado e outro da fronteira. En concreto, avaliaron as posibilidades da plataforma loxÃstica de Chaves e da PLISAN, Salvaterra-As Neves, que estará interconectada por autovÃa coa A-52.
Intensos fluxos comerciais
Nas súas declaracións, o presidente galego valorou a importancia das relacións comerciais entre Galicia e Portugal, desde o punto de vista "importador e exportador". Nese sentido, o máximo mandatario autonómico descartou que estes fluxos comerciais se vexan ver afectados pola crise e apuntou que durante os dez primeiros meses de 2008 as importacións medraron en relación co mesmo perÃodo do ano anterior nun un por cento. "Mantemos as cifras e as aumentamos un pouco a pesar da crise", subliñou, para concretar que ese aumento chegou ata 19 millóns de euros, polo que a contÃa total dos dez primeiros meses do ano pasado supera os 1.700 millóns de euros.




