O tempo

Unha xornada máis, continuaremos baixo a influencia deste potente e estacionario anticiclón que se estende dende as Azores ata as illas Británicas. Esta situación deixaranos os ceos despexados en todo PaÃs, agás no litoral de Lugo onde haberá algúns intervalos nubosos dende a tarde durante toda a xornada. Agárdase formación de bancos de néboa matinais en puntos do interior. As temperaturas permanecerán sen cambios ou ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral con algún intervalo moderado no litoral norte.
Ventos de compoñente leste, frouxos en xeral con algún intervalo moderado no litoral norte.
Temperatura:
Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso.
Néboas:
Bancos de néboa matinais no interior.
Estado do Ceo:
Predomino de ceos despexados en todo o PaÃs, agás no litoral de Lugo onde haberá algúns intervalos nubosos dende a tarde.




