Economistas

Adiantos, continuísmos e algúns retrocesos: Repaso a uña de cabalo á política lingüística nesta lexislatura

Unha política vivificante da lingua galega non será fácil. Son moitos os resortes de poder económico, mediático e político que dificultarán calquera paso práctico na extensión social do idioma propio de Galiza. Iso hai que asumilo porque é así. A normalización do galego non se vai desenvolver en ningún locus amoenus, aínda que o desexábel sería que a política lingüística for tan eficaz como tranquila, para sumar xente e conseguir os obxectivos.

Mais tales liñas políticas non dependen tanto de métodos e documentos planificadores, que existen xa por ducias, como da vontade real para pólos en práctica. Malia o dito no acordo de goberno PSOE-BNG que debería alicerzar a xestión da Xunta de Galiza, a verdade é que nesta lexislatura non se observou o mesmo grao de intención normalizadora nos diferentes departamentos. Por iso, unha avaliación do que foi a política lingüística gobernamental neste mandato ten que ter tanto en conta o que se fixo desde a secretaría xeral que é nomeadamente responsábel como do conxunto das áreas de goberno, tamén afectadas por esta política transversal.

Un acordo difícil

As expectativas sociais do cambio en 2005 eran importantes, porque debería ser a primeira vez que en Galiza se implementase unha política lingüística merecente de tal nome en defensa do galego. A chegada histórica do nacionalismo ao Goberno da Xunta alentaba tal esperanza, por moito que non se podía deixar de lado o realismo de que o grupo dirixente do PSOE galego tiña moito que dicir nalgúns dos principais ataques á lingua de noso nos últimos lustros.

A política lingüística ten espazo propio e protagónico no texto do acordo de goberno do bipartito presentado hai tres anos e medio. Decidir en que punto do organigrama se situaría o departamento concreto non o consideraron un tema secundario ningunha das dúas forzas partidarias, aínda que as razóns non fosen as mesmas. Cómpre lembrar que nas negociacións houbo dous flecos que se deixaron para o final. Por unha banda, o audiovisual (en especial a RTVG) e a Política Lingüística.

Nos dous casos houbo unha decisión "salomónica": audiovisual ía en parte a Cultura e en parte a Presidencia, os cargos da CRTVG escollíanse tamén ao 50%, e a persoa responsábel da Política Lingüística, situada dentro de Presidencia, sería por consenso e cunha comisión paritaria de seguimento para acordar as liñas de actuación.

Porén, o PSOE incumpriu veloz o pacto neste punto e motivou a primeira votación dividida no Consello da Xunta que trascendeu aos medios de comunicación, como podemos ver na hemeroteca dos días 15 e 16 de setembro de 2005, con motivo do nomeamento da titular deste departamento.

A respecto das decisións de reparto salomónico adoptadas na negociación non está de máis lembrar que a outra votación dividida que trascendeu foi tamén a relativa ao audiovisual, onde o PSOE fixo un "trágala" coa adxudicación das televisións comarcais, incumprindo de novo os acordos.

Símbolos e capacidades

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é, porén, tal e como está configurada, unha área máis simbólica que con capacidade de actuación. É certa a denuncia reiterada de que os seus medios orzamentarios e persoais están a ser infrautilizados e que non serviron para os fins que deberían, mais tamén é verdade que son escasos e que ao longo da lexislatura mesmo perderon peso relativo. Iso non quita que, mesmo nesa situación limitada, hai moitas cousas que se poderían facer e non se fixeron: declaracións públicas de apoio e impulso, diálogo con diferentes grupos e representantes sociais, procura de maiores colaboracións con outras institucións e departamentos da administración etc.

No que di respecto a esta Secretaría Xeral non se pode menos que falar de continuísmo, con algún adianto real que contrarrestan os retrocesos, que tamén os houbo, a respecto dos gobernos do PP, por exemplo á hora de abordar a normalización lingüística no ámbito comercial e empresarial, eliminando as axudas en troca de avalialas e reformulalas, como sería necesario.

A denominada política de homenaxe ao galego seguiu aí. Non é fácil gastar máis de 20 millóns en Política Lingüística e non promocionar o galego, porén o departamento dependente de Emilio Pérez Touriño conseguiuno ano tras ano. Exposicións e campañas de autobombo millonarias, acordos suculentos coa Confederación de Empresarios que non supuxeron adianto ningún... E, sobre todo, paraugas, caramelos, bolsos, bolígrafos, piruletas, adhesivos e calendarios á rapañota, nunha orxía de merchandising que non tivo máis finalidade que o seu consumo fugaz e cumprir coa obrigada xustificación de gasto.

Quixo presentarse como unha mudanza estrela o traslado no organigrama, de Dirección Xeral dependente de Educación a Secretaría Xeral dentro de Presidencia. A "transversalidade" foi a palabra máxica máis repetida, o abracadabra propagandístico, mais deixaba de lado que tal cambio non significou nin maior dotación económica nin persoal nin capacidade de incidencia real nos outros departamentos da Xunta. A respecto disto, é curioso que as áreas xestionadas polo BNG parecesen as máis proclives á colaboración, se botamos unha ollada á listaxe de actividades: campañas para a infancia coa Vicepresidencia, para a etiquetaxe dos viños en galego con Medio Rural ou para o turismo con Innovación e Industria. No entanto, se repasarmos na hemeroteca as entrevistas á titular de Política Lingüística nestes anos veremos que cando era interrogada por vulneracións de dereitos lingüísticos noutras áreas, a súa tendencia natural foi escapulirse e sinalar que non era responsabilidade súa senón da consellaría correspondente. Cal foi entón o sentido da tal "transversalidade"?

Non son todos iguais

É bo de ver que o acordo de goberno PSOE-BNG foi incumprido no tema lingüístico, para mal do presente e o futuro da nosa cultura. Así e todo, hai que recoñecer que os principais pasos adiante se produciron nas áreas de xestión do nacionalismo, o cal tamén impulsou o aggiornamento do decreto de ensino dependente de Educación, que aínda non se está a aplicar en todos os centros. Unha cousa é aspirar a que o galego, o seu uso e defensa, sexa elemento de unión de todas as correntes políticas (temos que pretendelo e traballar para que se converta en realidade) e outra é fechar os ollos ás evidencias e colaborar nunha cerimonia de confusionismo que pretende igualar o feito polo PP, o PSOE e o BNG.

Aínda sendo insuficiente para avanzarmos con pasos firmes e determos o declive do galego, cómpre recoñecer o que agora hai e que hai catro anos, podendo existir, non existía. As Galescolas, as políticas xuvenís que si teñen a lingua como algo transversal, os programas informáticos galeguizados, as tímidas medidas no sector comercial etc. Tamén hai que subliñar os froitos da colaboración co movemento social en defensa do galego, que, aínda sendo moi mellorábel, antes era inexistente. O afortalamento do exitoso Correlingua, o Voluntariado de Activación Lingüística (con máis de 1.000 participantes e un recoñecemento por parte da Unión Europea) ou o servizo A Liña do Galego non serían posíbeis doutro xeito. Son proxectos que se incardinaron porque cómpre presionar e criticar cando for preciso, mais tamén é necesario arrimar o ombreiro e construír para transformar.

Pouco acertadas e reflexionadas son esas críticas de brocha grosa que pretenden igualar as políticas lingüísticas desenvolvidas por Manuel Fraga coas que agora mesmo están en andamento desde diferentes departamentos autonómicos. Como se pode ter saudades dun goberno que por exemplo pretendeu expedeintar a empresas por etiquetar en galego (caso Erica Mel) ou a colexios por ensinaren en galego (caso Colexio de Palmeira)? Non hai dúbida de que, sendo insuficente o feito nestes catro anos, non habería nada peor para a nosa lingua e cultura que o regreso do PP ao goberno da Xunta, algo que os inquéritos e o seu voto oculto amosan como un escenario posíbel o vindeiro un de marzo.
Carlos Callón / A Mesa

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg