Martinsa-Fadesa presenta hoxe o novo ERE ante o Xulgado coruñés
Martinsa-Fadesa presenta hoxe o novo Expediente de Regulación de Emprego ante o Xulgado Mercantil da Coruña, sala encargada do proceso concursal no que está inmersa a compañÃa, informaron onte fontes da inmobiliaria.
Este ERE afecta a un total de 283 persoas, e non a 298 como anunciara a semana pasada a compañÃa, o que supón o 60 por cento do persoal actual e a máis do 90 por cento do persoal da entidade coruñesa que perderá 76 traballadores co que se quedará en 19.
A empresa abriu unha mesa de negociación en xaneiro na que presentou a sindicatos e representantes de traballadores a súa proposta, que foi rexeitada por maiorÃa nas asembleas das distintas cidades onde Martinsa ten oficinas.
A desconformidade principal vén determinada pola inexistencia dun plan social, esixido polos sindicatos.
galiciahoxe




